Conversa:Normativa oficial do galego - Uso das maiúsculas

Último comentário: hai 6 anos de Isili0n no tópico Períodos xeolóxicos

Untitled editar

Non sei se será unha pregunta un pouco parva pero lendo estas normas e pensando e facer o artigo dunha serie británica, (A duquesa da Rúa (rúa) do Duque, venme á cabeza os nomes das vías, son nomes propios pero inclúese como nome propio o tipo de vía ou non, non sei se me explico cal é a forma correcta "vivo na Rúa da Silveira" ou "vivo na rúa da Silveira", eu entendo que o nome propio nunha vía é todo, así nunha mesma localidade poderían existir "Ruela da Silveira", "Travesa da Silveira", "Camiño da Silveira", etc. o nome propio non é só Silveira tamén é o tipo de vía que a identifica e lle dá personalidade, ben podería estar totalmente equivocado e quizais os tipos de vías por uso non se considera parte do nome propio, agradecería que alguén me puidese quitar da dúbida.--Cheluco 15:52, 7 de setembro de 2010 (UTC)

Períodos xeolóxicos editar

Alguén pode explicar na páxina se as eras, períodos, pisos etc. xeolóxicos van en maiúscula ou non? Tradicionalmente escribíanse con maiúsculaː o Terciario, o Cenozoico, o Cámbrico, o Xurásico, o Paleoceno. En todos os idiomas que coñezo son en maiúscula. Os nomes son oficializados polas autoridades xeolóxicas internacionais en sucesivos congresos (que eu saiba en maiúscula). Tradicionalmente escribíase con maiúscula cando era nome e en minúscula cando era adxectivo, por exemploː "Este é un fósil cámbrico", "Consérvanse moitos fósiles do Cámbrico". Igual pasa con períodos de tempo históricosː "Atopáronse restos do Neolítico", "Nas culturas neolíticas a pedra estaba pulida". Pero a miña sorpresa foi ver que no DRAG os períodos xeolóxicos aparecen con minúscula, sexan nomes ou adxectivos. A min non me gusta esa norma (eu prefiro con maiúscula o nome, seguindo os usos internacionais), pero se é o que oficializa o DRAG haberá que explicar nesta páxina como quedou finalmente a cousa, e a que hai que aterse.--Miguelferig (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 10:46 (UTC)Responder

Neolítico puxérono con maiúscula, Cenozoico tamén, o xurásico e o cretáceo non, non está moi clara a cousa. Ó mellor habería que facer unha consulta á RAG para que aclare o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 19:48 (UTC)Responder
Mentres non se poñan de acordo eles mesmos, mellor deixalo como ata o de agora, substantivo propio -> maiúscula, adxectivo -> minúscula. A consulta que comenta Elisardo pódese facer aqui, aínda que non sei como son de eficientes nas respostas. Banjo tell me 27 de agosto de 2015 ás 20:12 (UTC)Responder
Aínda así hai que ter en conta que o DRAG non é un dicionario especializado, é un dicionario que recolle o uso culto da lingua pero nunca especializado, así por exemplo recolle como sinónimo de Cenozoico a forma Neozoico, que se utilizou no s. XIX e que caeu en desuso, e que se utilizou como sinónimo de Terciario, e actualmente de Cenozoico, (https://books.google.es/books?id=xbKJV6LSeggC&pg=PA60&dq=neozoic&hl=gl&sa=X&ved=0CDIQ6AEwAzgUahUKEwjm7M_PicrHAhUGvRQKHdUSBRM#v=onepage&q=neozoic&f=false ) pero que aínda que algún autor actual aínda o emprega, na literatura científica é amplamente usado Cenozoico, e esta debería ser a forma que se utilice para escribir un artigo ou libro científico en galego de querer concordar co que se fai internacionalmente, Neozoico si pode ir como sinónimo pero sempre tendo en conta que é unha forma en desuso nas publicacións científicas e que algúns mesmo recomendan que se retome pero como sinónimo do Pos-Paleozoico (Cenozoico e Mesozoico) como o autor da obra anterior .--HacheDous=0 (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 20:29 (UTC)Responder
    • E nese sentido a non ser que houbese unha recomendación expresa da RAG de empregar nas eras xeolóxicas as minúscuas considero que sempre hai que seguir as regulacións internacionais, que neste caso presciben as maiúsculas para as eras xeolóxicias. Non tería sentido que a RAG utilice maiúscuas para as eras históricas, onde só hai costume pero non hai regulación internacional que eu saiba (aquí non aparece pero ver idade no DRAG por.ex. ) e non as empregue nas eras xeolóxicas onde si hai regulación internacional.--HacheDous=0 (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 20:51 (UTC)Responder
  Concordo con HacheDous=0. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2015 ás 22:25 (UTC)Responder
Unha opinión máis que engado. O feito que os nomes das eras, períodos, etc concorden en xénero coa palabra á que seguen penso que non indica que sexan adxectivos en vez de nomes. Seguen sendo nomes. É dicir, dise era Cenozoica porque era é feminino (non se di era Cenozoico), aínda que se diga o Cenozoico. Tamén se di período Cretáceo, porque período é masculino (non se di período Cretácea, obviamente). Pero esa concordancia é lóxica e non indica que non se trate dun nome propio, da mesma maneira que dicimos o mar Morto, o océano Pacífico, a lagoa Encantada, o lago Salgado, a montaña Pelada, o monte Perdido, etc., que son nomes propios formados a partir de adxectivos, pero que se converteron en nomes propios. E se me apurades non é moi distinto que dicir "o meu sobriño chámase Xoán e a miña sobriña Xoana", porque os nomes propios ás veces teñen versión masculina e feminina. A RAG coicide (ou imita) a RAEL ao dicir que se debe escribir "era cenozoica" e "período cretáceo" con minúsculas incluso cando se están referindo claramente ao nome que teñen, pero ben podía coincidir (ou imitar) outros idiomas latinos que o escriben con maíuscula, coincidindo cos usos regulados polas autoridades xeolóxicas internacionais. De todos modos, teño entendido que a RAEL recomenda, pero non prescribe escribilos con minúscula.--Miguelferig (conversa) 27 de setembro de 2017 ás 17:47 (UTC)Responder
Un apuntamento, a RAE di que os períodos xeolóxicos se escriben en maiúscula cando son substantivos: era do Antropoceno; presupoño que se a RAG coincide nos demais casos este non será unha excepción.--Isili0n (conversa) 28 de setembro de 2017 ás 22:10 (UTC)Responder
Pero é que cando se di "era Cenozoica" ou "período Cretáceo" son nomes tamén, e ponos con minúscula.--Miguelferig (conversa) 29 de setembro de 2017 ás 21:53 (UTC)Responder

Non, funcionan como adxectivos cualificativos porque acompañan ao nome común e modifícano. O mesmo ocorre con Idade Media ou océano Atlántico, tanto Media coma Atlántico son adxectivos cualificativos, non substantivos, mais a diferenza reside en que a norma ortográfica indica que os distintos períodos da historia se deben escribir en maiúscula (tanto adxectivos coma substantivos, Idade de Bronce, Idade Contemporánea...) e que os nomes comúns de accidentes xeográficos, mares, océanos etc. deben escribirse en minúscula e o adxectivo ou substantivo que os acompañen serán grafados con maiúscula inicial (mar Mediterráneo, monte Pindo...). En cambio, cos períodos xeolóxicos a norma indica que tanto o nome común coma o adxectivo que o acompaña deben escribirse en maiúscula, porén, se o nome vai acompañado por un substantivo (como era do Antropoceno), este escribirase en maiúscula.--Isili0n (conversa) 30 de setembro de 2017 ás 09:38 (UTC)Responder

Volver á páxina "Normativa oficial do galego - Uso das maiúsculas".