Conversa:Noalla, Sanxenxo

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (abril 2019)

Untitled editar

O Nomenclátor -a nosa referencia en toponima- di que en Santo Estevo de Noalla (Sanxenxo) hai 17 lugares; os mesmos 17 lugares nos que o IGE recolle poboación. Non obstante, nós temos 11 lugares máis, non creo que deshabitados senón máis ben fundidos a otros lugares inmediatos (pero isto son elucubracións miñas). A pregunta é: ¿de onde saíron eses 11 lugares que non figuran no Nomenclátor nin no IGE? ¿Ten sentido mantelos? Pedro --Lameiro (conversa) 27 de febreiro de 2017 ás 21:37 (UTC)Responder

Revisei o historial do modelo, parece raro que os compañeiros que fixeron este modelo non seguiran o nomenclátor. Cómpre comprobar se puido producirse unha mudanza coma esta no nomenclátor (non só por este caso senón por outros que poidan xurdir). Con todo, quizais a discrepancia veña do sitio web do concello de Sanxenxo, alí recollen os 28 lugares. Nun documento de 2003 do planeamento urbanístico na páxina 26 (marcada co número 51) hai unha posible explicación sobre algúns deses lugares: "núcleos de formación recente que tomaron o nome das praias cercanas" e "núcleo recente que toma o nome do río próximo". De todos os xeitos, hai que seguir o que recolle o nomenclátor, e no caso que haxa que aclarar esa discrepancia, ofrecer esta explicación, continuar a pescuda ou engadir algún tipo de nota se se considera apropiado (refírome cando aparecen persoas cuestionando o nomenclátor). Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de febreiro de 2017 ás 22:40 (UTC)Responder
Concordo con Prevert. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 01:51 (UTC)Responder
Amañado o modelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de marzo de 2017 ás 02:03 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (abril 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Noalla, Sanxenxo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 15 de abril de 2019 ás 19:33 (UTC)Responder

Volver á páxina "Noalla, Sanxenxo".