Conversa:Nicer, fillo de Clutoso

Untitled editar

O título do artigo non me parece axeitado, pois del se pode desprender que esta persoa se chamaba Nicer Clutoso, mentres que na tradución do epígrafe di que é Nicer fillo de Clutoso, cousa que se corresponde coa forma da fórmula onomástica galaica. Coido que había que mover o título do artigo a Nicer Clutosi, respectando o nome da inscrición, ou a Nicer, fillo de Clutoso, se a traducirmos--Servando2 (Dime) 01:17, 27 de xaneiro de 2011 (UTC)

  •   Concordo co movemento, o que xa non sei é se a Nicer Clutosi ou Nicer, fillo de Clutoso. --Alberte Si, dígame? 01:30, 27 de xaneiro de 2011 (UTC)
  •   Concordo co movemento, e equivalendo as dúas formas eu primaría a galega sobre a latina. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:52, 27 de xaneiro de 2011 (UTC)
Volver á páxina "Nicer, fillo de Clutoso".