Conversa:Nós (revista)

Último comentário: hai 5 anos de HombreDHojalata no tópico Mapa

Untitled

editar

Tamén temos que cambiar o título deste artigo xa que a palabra "revista" non figura no título da mesma, que é simplemente Nós. Unha solución sería converte-lo actual artigo Nós en Nós (homónimos). Pedro --Lameiro (conversa) 00:54, 25 outubro 2009 (UTC)

  • Eu creo que os homónimos deben quedar onde están e, en todo caso, trasladar esta páxina a "Nós (revista)". --Toliño Fala aquí comigo 10:30, 25 outubro 2009 (UTC)

Mapa

editar

Non acabo de entender ben o mapa empregado como primeira imaxe do artigo. Que quer dicir exactamente? En que datos está baseado? --. HombreDHojalata.conversa 13 de xullo de 2016 ás 14:06 (UTC)Responder

Creación propia, hai máis dunha década, xa nin me lembraba. De feito estará baseado nalgún mapa da Europa con fronteiras de antes da guerra (que xa nin saberei cal é), sen mencionalo e etiquetado cos dereitos como eu entendía daquela. Os países referidos/temas relacionados son do estilo: título do artigo "Tradución de Meierling" > país Alemaña; "Cancioeiro celta" > países célticos; "Escavación arqueolóxica en Vilardevós" > Galicia .... % relativos sobre os totais da distribución recollida, non de tódolos artigos da revista, e sen datos absolutos. Os datos son dunha clasificación que fixen dos artigos de Nós, xa non sei se sistemática (creo lembrar que si) ou parcial. Se se quere, pode ser interesante pero quizais xa non ó nivel de calidade e esixencia actual da Galipedia. Se hai moito interese ata podería buscalos e mesmo subilos. ※ Sobreira ►〓 parlez 14 de xullo de 2016 ás 12:44 (UTC)Responder
Daquela, vouno retirar por WP:NFP, WP:CITE, WP:V... --. HombreDHojalata.conversa 3 de outubro de 2018 ás 14:06 (UTC)Responder
Volver á páxina "Nós (revista)".