Conversa:Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos

Último comentário: hai 5 anos de HacheDous=0 no tópico Concordancia verbal

Concordancia verbal editar

En "O Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos foi unha loita longa, e principalmente non-violenta, para estender o acceso pleno ós dereitos civís e a igualdade ante a lei ós grupos que non os teñen" creo que non hai concordancia entre o pasado de foi e o presente de teñen. Quere expresar que é unha loita que rematou? foi - tiñan, é unha loita que non rematou? é - teñen. Lles (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 09:46 (UTC)Responder

Ten que ser en pasado, historiograficamente considérase unha etapa da historia dos Estados Unidos que rematou en 1968. Por ex. ver o libro de Steven F. Lawson e Charles M. Payne (1998). Debating the Civil Rights Movement, 1945–1968.--HacheDous=0 (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 09:54 (UTC)Responder
HacheDous=0, sería preferíbel poñer "O Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos foi unha loita longa, e principalmente non-violenta, para estender o acceso pleno ós dereitos civís e a igualdade ante a lei ós grupos que non os tiñan (e que aínda non os acadaron plenamente)"? ou considérase que xa os acadaron? Lles (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 11:06 (UTC)Responder
Fundamentalmente foi unha loita para asegurar os dereitos legais dos afroamericanos (e así e como o entende a historiografía) e nese sentido si que se logrou. Diferente é a discriminación social que pode continuar aínda. Obviamente, nesa época non se loitaba polos dereitos dos colectivos LGTB (agás unha pequena minoría) por ex. e non tería moito sentido mesturar outras reivindicacións coa do artigo.--HacheDous=0 (conversa) 10 de xuño de 2018 ás 11:52 (UTC)Responder
Volver á páxina "Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos".