Conversa:Monção

Último comentário: hai 7 anos de Nachonion no tópico Monzón

Monzón editar

Non sei se existe referencia escrita, pero na zona galega que estrema con Monção, chamóuselle de toda a vida en galego Monzón/Monçom. De feito a pronuncia é moi complicada para alguén que non é portugués ler Monção correctamente. Trátase dunha vila importante para o sur de Galicia, e coido que debería referenciarse o nome na nosa lingua polo mesmo feito que existe Badaxoz, Xixón ou Nova York. En portugués aparece o nome de Salvaterra de Miño como Salvaterra do Minho.Nachonion (conversa) 6 de agosto de 2016 ás 23:34 (UTC)Responder

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (letra grosa engadida por min):
  • ARBO ...Como esta foi unha zona histórica e estratexicamente importante, os señores feudais, para defenderse mellor, levantaron fortalezas a un e outro lado do Miño, como as de Melgaço, Lanhoso, A Pela, Monção, Valença do Minho, Fornelos (Crecente), A Moreira, A Picoña, Salvaterra de Miño, Tui, ...
  • CORAL POLIFÓNICA DE CARIÑO Realizou actuacións por toda Galicia (Ortigueira, Ferrol, Muros, Noia, Rianxo, As Pontes de García Rodríguez, Ribeira, Betanzos, Pontedeume, Burela, Viveiro...) e mesmo fóra (Asturias e León). No estranxeiro desprazouse ata Portugal para cantar no certame internacional organizado en Monção...
  • LANZÓS ...Alonso de Lanzós y Novoa, natural de Louredo, ingresou na orde de Santiago o 1 de xuño de 1620 e o 21 de setembro de 1654, por real cédula, nomeárono conde de Maceda e vizconde de Laiosa. Pasa unha liña a Portugal e establécese na vila de Monção; a ela pertence Francisco de Lanzós Andrade y Araújo, natural de Monção...
  • PESQUEIRA 1. No que se pode chamar curso medio-baixo do Miño, na zona comprendida entre Crecente e Salvaterra de Miño (na ribeira galega) e entre Padrenda e Monção (na ribeira portuguesa), cunha lonxitude aproximada de 25 quilómetros, érguense nas dúas beiras do río unhas construcións únicas en forma de paralelepípedos de pedra que entran no curso dende as dúas ribeiras e que serven para capturar tódalas especies piscícolas que o Miño lles ofrece ós pescadores da zona, especialmente a mítica lamprea...
  • PONTEAREAS ... A súa situación preto de Portugal favorece as relacións con este país a través da ponte internacional que comunica Salvaterra de Miño con Monção...
--. HombreDHojalata.conversa 7 de agosto de 2016 ás 09:59 (UTC)Responder
Monçao en páxina 107 (cuadrícula B2) de Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0. 
Nótese que nesta variante a letra "a" non leva til (~). --. HombreDHojalata.conversa 7 de agosto de 2016 ás 10:10 (UTC)Responder
Si, son consciente de que non haberá referencias escritas (só me refiro á pronuncia oral da outra banda do Miño) e por iso non ten sentido cambiar, nin sequera referenciar o artigo, pero tamén é certo que o galego non era lingua "normativa" en Galicia nin Portugal...polo que é normal que se colla como nome oficial a grafía do portugués. As referencias que se dan tamén son de dicionarios/enciclopedias actuais...si aparece nos documentos antigos coma "Monzon" e "Monçon" ("...facio quandam populatianem in cauto de Maazedo e impono ei de novo nomen Monzon.").Nachonion (conversa) 16 de agosto de 2016 ás 08:33 (UTC)Responder
Volver á páxina "Monção".