Conversa:Mar de Okhotsk

Último comentário: hai 10 anos de JaviP96 no tópico Nome galego

Nome galego editar

Dado que en galego non se usa a letra iota máis que en termos tomados de idiomas estranxeiros de alfabeto latino, como nos casos de joule, judo ou jumbo, e poucos máis, e que o idioma ruso se escribe con caracteres cirílicos, a mellor maneira de adaptar o son do х ruso é o dígrafo kh, como se fai en todos os idiomas de alfabeto latino (agás no castelán, que ten o j, co mesmo valor fónico), e como se fai na propia Galipedia, entre outros casos, no de Sakhalin, illa situada, precisamente, no mar de Okhotsk.

Noutras palabras, e simplificando: o uso de Ojotsk en galego é un flagrante (e innecesario) castelanismo, impropio dunha enciclopedia seria como o é esta.--XoioÉche o que hai 19 de agosto de 2013 ás 09:14 (UTC)Responder

  Feito! Grazas polo aviso. --JaviP96 19 de agosto de 2013 ás 17:27 (UTC)Responder
Volver á páxina "Mar de Okhotsk".