Conversa:Manuela Sáenz
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar
Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Manuela Sáenz. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20131021143644/http://www.vtv.gob.ve/articulos/2013/04/30/historiador-guillermo-moron-deshonra-memoria-historica-de-manuela-saenz-1038.html á ligazón http://www.vtv.gob.ve/articulos/2013/04/30/historiador-guillermo-moron-deshonra-memoria-historica-de-manuela-saenz-1038.html
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 08:09 (UTC)
Referencias duplicadas que non avalan o texto editar
Boas @Breogan2008:. Acabas de introducir unha referencia (duplicándoa, por certo, xa que é igual que a nota 4) que non apoia o texto ao que acompaña. Se abres e les a fonte, verás que este historiador está bastante lonxe de considerala unha figura importante e moito menos feminista. Segundo o que acabas de facer, este detractor da figura serviría de apoio á seguinte frase
“ | "Criticada, denigrada e ignorada e desterrada polos seus contemporáneos e aínda décadas despois da súa morte, só a mediados do século XX Manuela Sáenz empezou a ser nomeada como unha grande heroína e prócer na xesta da independencia ou como precursora do feminismo en América Latina | ” |
. Non hai ningunha relación. É mentira que esta fonte diga isto, polo que se falta á veracidade, WP:V. Por outra banda, retirar contido como fixeches acó por causa dunha ligazón rota, sen achegar solucións, e cando xa facía uso do modelo [subst: Cómpre referencia non me parece unha forma correcta de proceder. Por favor, parate un pouqiño a seguinte vez. Grazas.
Maria zaos (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 08:58 (UTC)
- Boas Maria zaos, tirei a referencia de es.wiki xa que foi de alí de onde orixinalmente traducín o texto e non me decatei do que comentas. Recoñezo o erro e perdoa se te molestei. A miña intención non era esa.--Breogan2008 (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 09:15 (UTC)
- Si,Breogan2008 certamente tiña ese fallo na es.wiki, non me decatara. Entrei aló, pero non tiña arquivada a url e non me parei máis eu tampouco. Este tema de verificación de fontes en traducións pasa, e seguro que eu tampouco estou libre de que me pasase algo semellante algunha vez. Non me molestou, pero revertín a edición para manter a ligazón morta co marcado do texto pendente de verificación. Incorporei a barra portal feminismo que puxeras e arranxei a estética da cita coa ligazón morta. Se esquecín algunha outra cousa, por favor, dimo ou inclúea sen máis. Estaría ben ampliar o artigo, xa que agora é máis longo na es.wiki, pero neste momento estou a outra cousa, apúntomo para a lista de Wikimulleres, pero se te animas a amplialo ti, estupendo. Saúdos Maria zaos (conversa) 29 de marzo de 2019 ás 09:51 (UTC)