Conversa:Mandarín

Untitled editar

Penso que debería chamarse este artigo como o fan o resto de artigos de linguas. Seguindo o patrón "Lingua" + "(adx. da lingua)". Neste caso, creo que sería Lingua mandarí (por ser feminino, supoño que esa é a terminación). --Gallaecio 19:58, 30 setembro 2007 (UTC)

Nome do artigo editar

Eu penso que esta debería ser unha excepción por varias razóns.

  • Mandarin é o nome utilizado nas linguas próximas á nosa.
  • O feminino de mandarín é mandarina, Lingua mandarina é unha expresión que só se usa en italiano (que eu saiba) en español lengua mandarina é unha expresión nova e pouco estendida.
  • o mandarin é un dialecto, a lingua é o Chinés, Lingua Chinesa

De cambiar o nome debería ser Lingua Chinesa (mandarin), dialecto Mandarín ou algo polo estilo. Pero eu penso que fica ben como está --Emilio juanatey 21:50, 30 setembro 2007 (UTC)

  •   Concordo O de lingua mandarina non é utilizado mais que en italiano. O de nomealo ben como "lingua mandarin(a)" ou ben como "dialecto mandarín", daría lugar a unha toma de posicion talvez fóra do punto de vista neutro. Por iso propoño, algo mais neutro, en liña co que di Emilio, poñer Mandarín (lingua chinesa)---- Maañón (boura, boura) 12:20, 7 outubro 2007 (UTC)
  • Se está claro se é unha lingua ou un dialecto avogo por lingua mandarina e dialecto mandarín, respectivamente. Se non está claro ou hai controversia concordo con Maañón. AlberteSi, digame? 12:35, 7 outubro 2007 (UTC)

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

Siebrand eliminou Image:Y-NL400b.gif: Deleted as per [[Commons:Deletion requests/Image:Y-NL400b.gif]] (No free license.).;

-- CommonsTicker 14:19, 11 outubro 2007 (UTC)

Volver á páxina "Mandarín".