Conversa:Lugares de Vigo

Último comentário: hai 2 anos de Maria zaos no tópico Parroquias que non son administrativas segundo o concello

Non coinciden as parroquias co nomenclátor editar

Hai varias parroquías que non coinciden co nomenclátor da Xunta[1], ¿de onde foron tomados estos datos? Tería que correxi-los para que concorden co nomenclátor?

  • Illas Cíes non existe no nomenclátor
  • Comesaña aparece como Santo Andrés de Comesaña
  • Vigo Centro non aparece no nomenclátor
  • Florida aparece no nomenclátor e non na Galipedia

Algún voluntario para resolverme estas dúbidas e botarme unha man con isto? Miguel.lima 13:10, 13 xaneiro 2008 (UTC)

Chego con 12 anos de retraso, pero vou retirar o que queda claro que non é, segundo o concello de Vigo: ver aquí datos con coordenadas e licenza compatible.--Maria zaos (conversa) 9 de maio de 2020 ás 22:14 (UTC)Responder
Maria: Entendo e agradezo a o intento de separación, porén, os mapas non son válidos. A opción de dividilos non soluciona a cuestión. Evidentemente o territorio das parroquias, que antes se consideraban individualmente e agora forman parte doutras, non desapareceu, e nun mapa parroquial debería aparecer integrado na parroquia da que forma parte.
Por outra banda, pasácheste relegando algunhas que seguen sendo parroquias de seu (Oia, Saiáns, Valadares, Zamáns). Hai unha repetida (San Paio)...
Penso, en definitiva, que deben borrarse todos os mapas do artigo, por incorrectos, alo menos ata que teñamos uns novos (tampouco é obrigatorio que haxa unha chea de mapas parroquiais nun artigo que se chama "Lugares de Vigo"). --. HombreDHojalata.conversa 11 de maio de 2020 ás 08:08 (UTC)Responder
Concordo, era unha solución provisional, pero tiven que parar, @HombreDHojalata: non me dá tempo a todo: cando teña todos os novos mapas localizados e subidos e algo máis parametrizado todo o seu é levalo a taberna, en xeral, xa que hai problemas puntuais coa política Toponimia. Revirto todo polo momento, pero non me esquezo deste tema, grazas pola axuda e a participación.--Maria zaos (conversa) 11 de maio de 2020 ás 13:12 (UTC)Responder

Parroquias que non son administrativas segundo o concello editar

 
Parroquias viguesas segundo o web do concello en 2003-2006 (faltan as Cíes).

Respondo aquí a este comentario de HombreDHojalata posto nalgunhas parroquias:

Bouzas, Coia, San Paio e San Xoan do Monte non son parroquias administrativas do municipio....
Abundando no anterior. San Paio e os seus datos de poboación non aparece na páxina do IGE.

Segundo o concello de Vigo non son parroquias, mais… cando deixaron supostamente de o ser? Porque (agás San Xoan do Monte) polo menos entre 1998 e 2003, que foi cando se publicou o nomenclátor de Galiza, si que o eran. Pra min que o concello tira dos nomenclátores dos censos, mais iso en principio son entidades estatísticas, e o nomenclátor de Galiza non sempre coincide. De feito xa no censo de 1981 (Fariña Jamardo 1993) hai unha disposición parroquial moi semellante (aparece San Paio aínda) ó que aparece na páxina do concello. Aínda máis, no mesmo web municipal, en [2], dise que San Paio, que foi creada en 1970 ([3]), pertencía a Lavadores hai 25 anos, o que nos dá que o texto foi feito no ano 1995, por tanto, antes do nomenclátor galego (aínda que o mapa ese si que é moito máis actual)… One2 (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 15:47 (UTC)Responder

Amplío a info. Empregando archive.org podemos ver que entre 2003 e 2006 a páxina dá como parroquias basicamente as do mapa que poño á dereita ([4], [5]). Porén en outubro de 2006 xa se di que «Bouzas, Coia, Freixeiro, San Paio e San Xoan do Monte non son parroquias administrativas» e suprímense do mapa ([6]). One2 (conversa) 19 de febreiro de 2022 ás 18:05 (UTC)Responder
É unha loucura. Estou vendo que agora a división parroquial en http://mapas.xunta.gal/visores/descargas/ é completamente diferente, por exemplo, da que consultei no mesmo sitio cando fixen este comentario hai dous anos. --. HombreDHojalata.conversa 19 de febreiro de 2022 ás 22:38 (UTC)Responder
Boas, deixo esta conversa por acó, non por nada, só que me levou un mundo dar con ela e igual axuda nalgo. Eu despois da desfeita que vin en Wikidata (duplicaron todas as entidades adm xeográficas de Galicia que xa existían en wikipedias sen mirar atrás) vou tomar un descanso do tema. Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 20 de febreiro de 2022 ás 00:10 (UTC)Responder
Volver á páxina "Lugares de Vigo".