Abrir o menú principal

Conversa:Ludwig van Beethoven

UntitledEditar

Penso que este artigo ten algúns erros:

"A súa obra entronca o clasicismo de Bach"

Bach era un compositor barroco e non clásico. Non se pode dicir que a obra de Beethoven teña raíces directas na de Bach. Sen embargo si as ten na obra de Mozart e Haydn que si eran compositores clásicos.

"A obra de Beethoven é moito máis curta que a de Mozart" É certo pero non é para nada unha obra curta. Escribiu unha ópera, nove sinfonías, concertos, 32 sonatas para violín, moita música de cámara. Pensa que a afirmación é enganosa xa que hai unha chea de compositores que teñen unha obra moito máis curta.

"Dise que na representación da novena un dos seus poucos amigos tivo que facer que xirase para ver como o público o aplaudía"

Non foi un amigo, foi unha das cantantes solistas

Quitei todas esas incorreccións.--Biógrafo 11:20, 14 decembro 2008 (UTC)

CabezadoEditar

Lendo por riba o cabezado atopei algunhas cousiñas que dende o meu punto de vista non deberían estar nese sitio ou no artigo:

  1. Deberíanse referenciar frases como as sinfonías foron a fonte principal da súa popularidade internacional, tamén De neno medrou á sombra de Mozart, e o seu pai, músico tamén, foi quen puxo o empeño en que fose mellor ca Mozart.
  2. Penso que todas as mencións á súa obra deberían ir no apartado de "Produción musical" sempre que se faga referencia a obras concretas.
  3. A frase ...entre as que se atopa o ciclo das Nove Sinfonías, incluíndo a Terceira Sinfonía, tamén chamada Eroica,[nota 3] en mi♭ maior, a Quinta Sinfonía, en do menor e a Novena Sinfonía, tamén chamada Coral, en re menor (cuxo cuarto movemento está baseado na Oda á Alegría, escrita por Friedrich von Schiller en 1785) non me parece que deba ir no cabezado, en tal caso no apartado de "Produción musical", aínda que eu non citaría ningunha en concreto, xa que por exemplo non se fala da Pastoral (ben coñecida) ou da Sétima, por poñer un exemplo, ademais se o cíclo é de nove sinfonías xa se supón que están a 3ª e a 5ª.
  4. Entroncando co punto anterior, eliminaría o último parágrafo, xa que hai máis obras famosas de Beethoven (non se cita a Novena sinfonía).
  5. Cando se fala das misas di que compuxo dúas e só fala da Missa Solemnis. Na música concertante fálase dos concertos para piano e orquestra, e do concerto para violín e orquestra, mais non se fala do trilo concerto para violín, violonchelo e piano. Este é un dos motivos polos que eu non poría exemplos de obras concretas, sempre vai haber algunha obra que se vai quedar fóra e que dun xeito ou outro son importantes (as 5 sonatas para violonchelo son parte fundamental do repertorio deste intrumento e no último movemento da última hai unha fuga que mostra o carácter máis cerebral da música do último perído).

Sei que o cabezado está tirado dunha tradución de es.wiki e que alí é de calidade, mais non me parece un cabezado atinado, para min está mellor o cabezado en inglés por exemplo, ou podemos currarnos un cabezado nós mesmos (o podo facer eu se esperades ao mes que vén). Propoño eliminar todo o referente a composicións individuais e sustituílo por algo máis xenérico. Un saúdo, Piquito (conversa) 16 de maio de 2013 ás 10:49 (UTC)

  Feito! --Beninho (conversa) 17 de maio de 2013 ás 07:00 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (novembro 2019)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ludwig van Beethoven. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 2 de novembro de 2019 ás 14:15 (UTC)

Volver á páxina "Ludwig van Beethoven".