Conversa:Luís Barreiro Paradela

Último comentário: hai 5 anos de Xas no tópico Luis barreiro paradela

Hai referencias da súa condición de militar?--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2018 ás 08:07 (UTC)Responder

Definitivamente non cadra, o tenente Luis Barreiro Paradela era ademais un xefe militar da Falanxe [3]. Tan só se pertencese ao sector falanxista oposto a Franco podería sufrir represión e non hai constancia. Vou eliminar a referencia a militar asumindo que son dúas persoas co mesmo nome. Non cadra e non hai referencias que liguen ao mestre Luís Barreiro Paradela co tenente de infantería Luis Barreiro Paradela.--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2018 ás 09:08 (UTC)Responder

Luis barreiro paradela editar

Pois estiven investigando e se houbera 2 persoas nos anos 30 chamadas así, non encontro nada do outro. Pode ser que iso estivera mal? É todo moi raro... Luis Barreiro no 1936 pediu excedencia como mestre e lla diron por máis dun ano e menos de dous. Mreysita (conversa) 1 de outubro de 2018 ás 13:20 (UTC)Responder

Existiron na mesma época dúas persoas de traxectorias aparentemente diferentes co mesmo nome, iso é o que amosan as referencias. Teoricamente podería ser a mesma persoa, por mor da necesidade de oficiais durante a guerra civil os universitarios que completaban un tempo de formación podían ser nomeados oficiais de complemento. E hai efectivamente casos de xente do ámbito máis ou menos galeguista que xa por volta de 1935, e máis tras o comezo da guerra en 1936, virou ao falanxismo. Pero nese caso non o ían deputar despois (non era un simple militante falanxista era un xefe militar da falanxe e non hai referencias tampouco que fose do sector falanxista oposto a Franco) ao volver á vida civil como mestre, non tería sentido a non ser que non fose depuración e si renuncia. Sei que tanto consideralo a mesma persoa como diferente pode entrar dentro da especulación pero como non hai referencias para establecer que sexan a mesma persoa e para evitar dar datos que puideran ser falsos o mellor é tratar a eses dous Luis Barreiro Paradela como dúas persoas diferentes mentres non haxa referencias que as liguen..--HacheDous=0 (conversa) 1 de outubro de 2018 ás 14:45 (UTC)Responder
Quizais Xas teña acceso a referencias que determinen se realmente son a mesma persoa ou non.--HacheDous=0 (conversa) 1 de outubro de 2018 ás 14:48 (UTC)Responder
Estiven buscando referencias, pero o certo é que a primeira vez que aparece o nome de Luis Barreiro Paradela como militar é en 1936. Todas as anteriores referencias son de Luis Barreiro Paradela como mestre. E ademais é curioso que este Luis Barreiro militar apareza sempre relacionado con Compostela. É perfectamente posible que Luis Barreiro, que pediu e lle concederon unha licencia como mestre a principios de 1936 fose o militar defensor dos republicanos... Porque non volve aparecer outra referencia a Luis Barreiro como militar despois de 1939. Haberá que seguir buscando para confirmalo, pero eu teño claro que son a mesma persoa. --Xas (conversa) 2 de outubro de 2018 ás 10:48 (UTC)Responder
Efectivamente, está confirmado e referenciado no artigo. Non son dúas persoas diferentes. O Luis Barreiro Paradela tenente do exército franquista é o mesmo que o que foi mestre. --Xas (conversa) 6 de outubro de 2018 ás 18:26 (UTC)Responder

Fotos Luis Barreiro Paradela editar

https://www.dropbox.com/s/os81sp8k1rfl2vn/Luis%20Barreiro%20Paradela.pdf?dl=0

Aquí poño unhas fotos de Luis. En varias vese vestido de militar. Mreysita (conversa) 3 de outubro de 2018 ás 12:12 (UTC)Responder

Volver á páxina "Luís Barreiro Paradela".