Conversa:Lista de nomes masculinos en galego

Último comentário: hai 8 meses de 31.4.159.89 no tópico Martín debe incluirse no listado

Untitled editar

As etimoloxías son un terreo esvaradizo, no léxico común, na toponimia e tamén na antroponimia. Que veñan do latín, do grego ou de vai saber ti, tamén. Esta páxina, as etimiloxías que se dan, non achegan referencia ningunha e, buscando uns poucos exemplos no Diccionario dos nomes de Ferro Ruibal, vexo que non sempre hai coincidencia. É moito chollo, xa o sei, da-la fonte da que se tira a etimoloxía en cada nome, pero a Galipedia esixe referencias. Éche o que hai. Todo o anterior, naturalmente, vale igualmente para a lista de nomes femininos. Pedro --Lameiro (conversa) 18:50, 10 de abril de 2010 (UTC)

Moi certo todo o que dis Pedro, haberá que preguntarllo a 213.60.164.30, ou poñerse a borrar ou a referenciar. --. HombreDHojalata.conversa 10:49, 11 de abril de 2010 (UTC)
  • Estou abraiado polo feito de que nun dos ordenadores nos que traballo (con Internet Explorer 7) so se ve unha columna, parede que fai caso omiso ó código que se lle puxo --. HombreDHojalata.conversa 07:31, 26 de abril de 2010 (UTC)

A min tamén me pasa, creo que é cousa da resolución da pantalla.--Carronada 12:27, 26 de abril de 2010 (UTC)

O que di Carronada ten sentido, trátase de se collen ou non collen as dúas columnas. Xoacas(non che sinto?) 12:52, 26 de abril de 2010 (UTC)

Frederico vs. Federico editar

Segundo se ve aquí o correcto é Federico, e non Frederico como vén no artigo. Habería que mudalo.--Paradanta (Cóntame) 08:43, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Ou non. Haiche aquí unha referencia para Frederico. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 09:30, 2 de setembro de 2010 (UTC)
O Consello da Cultura Galega tamén remite á páxina anterior na que se menciona a forma Federico. É unha lista de nomes galegos elaborada por Mercedes Espiño Amil. A ver se alguén é quen de achegar máis referencias que aclaren a dúbida.--Paradanta (Cóntame) 11:34, 2 de setembro de 2010 (UTC)

Bruno editar

Segundo a páxina www.degalicia.org o nome existe en galego. Tamén en ANTROPONIMIA E ONOMÁSTICA GALEGA.--193.144.97.60 13 de febreiro de 2017 ás 11:16 (UTC)Responder


Ola, nestes momentos a referencia das formas estándares é o Diccionario dos nomes galegos dirixido por Xesús Ferro Ruibal, editado por Ir Indo (1992). Ten un documento no inicio no que a RAG avala como estándares as formas alí contidas. Anox 13 de febreiro de 2017 ás 17:21 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista de nomes masculinos en galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 30 de agosto de 2018 ás 08:55 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xuño 2019) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lista de nomes masculinos en galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 29 de xuño de 2019 ás 00:32 (UTC)Responder

Martín debe incluirse no listado editar

Se no listado figuran Manoel e Manuel ou Mateu e Mateo, non sei porque se desfan continuamente as edicións sobre Martín (que no texto se reflexa como variante de "Martiño"). 31.4.159.89 25 de agosto de 2023 ás 16:56 (UTC)Responder

Volver á páxina "Lista de nomes masculinos en galego".