Conversa:Lingua belarusa

Último comentário: hai 9 anos de Lameiro no tópico Frase sen sentido: ¿cando foi "única" lingua oficial?

Untitled editar

Había certa confusión co uso oficial do alfabeto latino en bielorruso. Aínda que hai un uso moi minoritario do alfabeto latino, si houbo unha tradición no pasado maior e algúns autores avogan por darlle pulo ao alfabeto latino pero oficial só é o alfabeto cirílico. Pero o que si existe é unha transcrición oficial dos lugares xeográficos bielorrusos ao alfabeto latino [1]--Sernostri (conversa) 11 de marzo de 2014 ás 19:20 (UTC)Responder

Frase sen sentido: ¿cando foi "única" lingua oficial? editar

Dise no artigo que "Durante breves períodos da historia contemporánea de Bielorrusia foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995 foi a única lingua oficial". Para facer intelixible esta frase, falta texto. Pedro --Lameiro (conversa) 1 de marzo de 2015 ás 17:23 (UTC)Responder

Volver á páxina "Lingua belarusa".