Conversa:Guinea-Bissau

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled editar

As dúas referencias que se dan para o nome do país en realidade o que fan é contradicilo.--Kamakic 14:05, 30 de maio de 2010 (UTC)

Pois é verdade, para a forma Guinea-Bisau (a actual) non se achegaron referencias. As referencias presentes no artigo son Guiné-Bissau e Guinea-Bissau. O Digalego emprega a forma Guiné-Bissau e o Cumio Guinea-Bissau. A forma que está agora non pode permanecer.--HacheDous=0 (conversa) 8 de setembro de 2017 ás 20:58 (UTC)Responder
As referencias indican que Bissau ten que ser con dous eses. E parece que son tan válidas Guinea como Guiné para denominar este país, optei pois por mudalo a Guiné pero non vou modificar as Guineas que haxa no artigo.--HacheDous=0 (conversa) 8 de setembro de 2017 ás 21:05 (UTC)Responder
Cómpre unificar criterios. Non pode ser que teñamos un nome para o propio artigo (Guiné-Bissau), outro nos artigos relacionados co país (bandeira de Guinea-Bisau ou presidente da Guinea-Bissau e outro para as categorías (Categoría:Guinea-Bisau), ademais da alternancia da Guinea e de Guinea. Tal e como sinalou Norrin na Taberna, a definición de guineano na RAG é a seguinte: "da Guinea (África), ou dos seus habitantes", e "persoa natural ou habitante de calquera destes países". É mellor decidilo xa antes de facer calquera cambio nas categorías porque leva moito tempo e traballo. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 9 de setembro de 2017 ás 22:45 (UTC)Responder

Gran Enciclopedia Galega Universal?! editar

A "Gran Enciclopedia Galega Universal", que se da como referencia [1], non existe.

Ou é a Gran Enciclopedia Galega ou é a Enciclopedia Galega Universal, ou son as dúas, pero sen mesturalas. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2018 ás 16:34 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Guiné-Bissau. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 06:00 (UTC)Responder

Volver á páxina "Guinea-Bissau".