Conversa:Gobernadores civís de Pontevedra

Último comentário: hai 3 anos de Xabier Cid no tópico 1968, 1969 ou 1970?

Amancio Caamaño Cimadevila

editar

Hai fontes que din que Amancio Caamaño Cimadevila foi Gobernador Civil de Pontevedra en 1934 e en 1936 (a propia Galipedia o di). Mais non aparece nesta listaxe. --. HombreDHojalata.conversa 8 de agosto de 2016 ás 22:49 (UTC)Responder

1968, 1969 ou 1970?

editar

Aparece publicada unha foto de Victoriano Otero da toma de posesión de Miguel Ángel Botana como alcalde de Sanxenxo en xaneiro de 1969 onde se identifica a Ignacio García López como gobernador civil de Pontevedra. Segunda a nosa listaxe, naquela altura o gobernador civil sería Ramón Encinas. Así que hai algo que está mal. Hai varias opcións:

  • A foto non se corresponde á toma de posesión de Botana, se ben parece selo. Claramente quen está ao seu lado é García López.
  • Botana non foi designado alcalde en 1969, senón en 1970, pero iso iría en contra da datación da foto e das distintas fontes que hai sobre a vida de Botana.
  • A nosa lista de gobernadores civís está mal.

Xas e HombreDHojalata, vós que traballastes máis neste artigo como o vedes? Vou marcar o dato cun cómpre-referencia, por se acaso. Moitas grazas pola vosa axuda. --Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de xaneiro de 2021 ás 18:33 (UTC)Responder

O decreto de nomeamento de Ignacio García López leva data do 24 de xaneiro e publicouse no BOE o 26 de xaneiro de 1970[1].--HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 18:50 (UTC)Responder
A solución máis sinxela e a máis probable é que a foto teña como motivo unha visita oficial do gobernador civil a Sanxenxo ao longo do seu mandato e non a toma de posesión como alcalde, que as fontes din que foi o ano anterior.--HacheDous=0 (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 19:13 (UTC)Responder
Ramón Encinas Diéguez cesou como gobernador civil de Pontevedra o 23 de xaneiro de 1970 sendo nomeado para o cargo Ignacio García López (El Pueblo Gallego, 24-1-1970, p. 1, 3.) que tomou posesión como gobernador civil de Pontevedra o 7 de febreiro de 1970 (El Pueblo Gallego, 8-2-1970, p. 13.). Xas (conversa) 30 de xaneiro de 2021 ás 20:39 (UTC)Responder

Moitas grazas, Xas e HacheDous=0. Metín as vosas referencias no artigo, pero se queredes mudalas ou precisalas, adiante. --Xabier Cid Talk 2 me, please 31 de xaneiro de 2021 ás 09:58 (UTC)Responder

Volver á páxina "Gobernadores civís de Pontevedra".