Untitled editar

Se alguén di que en galego ó estado europeo se lle chama Franza terá que atestigualo con algunha fonte. De momento Franza é o nome de diferentes parroquias do noso país. Alberte Si, dígame? 02:37, 24 xaneiro 2009 (UTC)

    • Paréceme ben a "neutralización" que aplicaches ("Ademais tense chamado Franza ao país europeo Francia"), obviamente fica moito máis equilibrado que a redacción que figuraba ata agora ("Ademais incorrectamente tense chamado Franza ao país europeo Francia") e non falta á verdade dos testemuños históricos e literarios. Contodo, manteño a proposta que deixo abaixo ;): "Ademais, o país europeo xeralmente denominado como 'Francia', tamén foi coñecido como 'Franza' ou 'França' en diferentes épocas históricas, contando cunha recoñecible tradición en prosa notarial medieval e literatura galega moderna". Bicos. --Rosamf 19:50, 24 xaneiro 2009 (UTC)

Franza - Francia? editar

Se atendemos á época medieval (a última na que o galego estivo normalizado, isto é, non suxeito á presión doutra lingua), observamos numerosos testemuños do uso da palabra França para designar o país europeo. Para non aburrir cito só algúns:


... doze francos d ' ouro da moneda del rey de França, os [que] me dades et pagades et eu de uos ...

[ano 1401]

... de conto et de peso do cuno del rey de França et mais viinte maravedis de moeda vella, contando blanca a ...

[ano 1417]

Et o dito santo Theodomjro, viçesion obispo de Yria, foy o primeyro obispo que rregeu a santa séé do apostollo Santiago en tenpo de Carlo o Magno, rrey de França, et de don Afonso o Casto, rrey d ' Espanã.

[entre 1460 e 1468]


Fonte: [TMILG http://ilg.usc.es/tmilg]


Aínda que a RAG e o ILG recomendan "Francia" como nome do país europeo, o certo é que hai abondas probas literarias do uso de "Franza", como por exemplo no Sempre en Galiza de Castelao. Porén, ningunha das dúas institucións pode fixar cal é o nome "oficial" en galego para ese país, xa que as súas competencias fican restritas á toponimia galega. En todo caso, poden facer recomendacións, pero atendendo aos testemuños existentes creo que, como mínimo, deberíase eliminar a referencia que aparece actualmente ("Ademais incorrectamente tense chamado Franza ao país europeo Francia") por resultar falsa.

No seu lugar, propoño a seguinte redacción:

"Ademais, o país europeo xeralmente denominado como 'Francia', tamén foi coñecido como 'Franza' ou 'França' en diferentes épocas históricas, contando cunha recoñecible tradición en prosa notarial medieval e literatura galega moderna".

Como apontamento adicional, dicir tamén que a pesar de que practicamente todos os galegos din 'Francia', tamén din 'Alemania' (por Alemaña) ou Rumanía (por Romanía ou Romenia). Creo que no que atinxe á toponimia europea creo que o ILG e a RAG deberían ser fieis ao criterio que apuntan nas NOMIG e recorreren ás formas vivas hoxe no portugués (França, Alemanha, Roménia... Franza, Alemaña, Romenia), pero ese xa é outro debate que non vén tanto a conto.

--Rosamf 17:48, 24 xaneiro 2009 (UTC)

Francia-Franza editar

Prezada Rosa:

As túas fontes (texto medieval e Sempre en Galiza) teñen a súa parte de razón, pero tamén seguindo esas fontes, deberiamos dicir Espanã (como no texto medieval), ou Hespaña (como dicía Castelao en Sempre en Galiza).

Non é porque o recomenden a RAG e o ILG, pero creo que o correcto e contemporáneo é Francia.

Un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 20:22, 24 xaneiro 2009 (UTC)

O topónimo oficial pra ese país é Francia. Non creo que haxa moito que debater. :) --Xabier Cid Conversa 09:56, 25 xaneiro 2009 (UTC)
A Galipedia non é un foro nin un lugar para realizar investigación orixinal .--RNC 16:22, 28 setembro 2009 (UTC)
Volver á páxina "Franza".