Conversa:Fontesnovas, Ponferrada

Untitled editar

  • "non é un concello", pero adicámoslle artigo propio (cando a política xeral é nome do lugar [coma] nome do concello, como Guntimil, Xinzo de Limia);
  • "o nome galego é o orixinal", pero deixamos o de "Fuentesnuevas na súa denominación oficial" (cando a política xeral é nome galego [guión] nome oficial, como Dalian - 大连);

igual é que acabo de espertar e estou aínda durmido e non entendo nada... --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 10:39, 23 febreiro 2008 (UTC)

  • A política oficial é nome de parroquia, concello ou nome de lugar, parroquia, concello pero iso é para Galicia. No Bierzo as parroquias non existen como entidades administrativas e non creo que Fontesnovas sexa unha parroquia tradicional, de feito é un barrio construído a partir dos sesenta nunha antiga aldea que era de fala galega pero ao se construír o barrio a poboación veu de todo o Bierzo, e moi maioritariamente da zona non galegofalante, e o galego acabou por desaparecer. Con respecto o título as normas non son nada claras e non me aclaro se o título debe ser Fontesnovas, Ponferrada, Fontesnovas, O Bierzo ou Fontesnovas, León

A política de topónimos para os territorios de lingua galega fóra de Galicia podes vela en Wikipedia:Toponimia, e como podes ver non son bilingüesAcerto 12:05, 23 febreiro 2008 (UTC)

  • Como dato curioso este debe ser o único territorio galegofalante no que o galego desapareceu, non quere dicir que non haxa galegofalantes pero se os hai proceden doutras zonas, o que non hai son galegofalantes orixinarios da localidade.Acerto 12:26, 23 febreiro 2008 (UTC)
Ese dato curioso que apuntas coido que é importante que vaia no artigo. AlberteSi, digame? 13:40, 23 febreiro 2008 (UTC)
Habería que dar unha fonte externa para o poñer, e é un dato que lin hai tempo en A Nosa Terra (creo, xa que perdín a referencia concreta) e sen esa referencia non seria serio dalo no artigo.Acerto 13:57, 23 febreiro 2008 (UTC)
Volver á páxina "Fontesnovas, Ponferrada".