Conversa:Flora invasora de Galicia

Último comentário: hai 9 anos de Lameiro no tópico Untitled

Untitled editar

Afirmase no artigo que A verdadeira flora invasora introdúcese a partir de finais do século XIX e especialmente coas reforestacións masivas efectuadas durante o franquismo. Deste xeito entraron en Galicia, eucaliptos, robinias e acacias. Non sei que exista unha flora invasiva verdadeira fronte a outra falsa, de mentira. Dicir que acontece coas reforestacións masivas efectuadas durante o franquismo tira a tendencioso e so se pode aplicar, que eu saiba, ao eucalipto, e ainda asi xa habia eucaliptos antes de Franco e hainos /invasivamente/ noutros paises sen Franco. Finalmente, afirmar que Deste xeito (coas reforestacións masivas efectuadas durante o franquismo) entraron en Galicia, eucaliptos, robinias e acacias non creo que sexa certo no que se refire a robinias e acacias, das que ignoro a data de introducion e dubido que nunca foran obxecto de reforestacións masivas. Persoalmente, creo que salvando o eucalipto, as plantas invasoras son froito de plantacions ornamentais que se desmadraron, iso si, moitas veces plantadas co beneplacito dos gobernos (franquistas ou non). Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xaneiro de 2015 ás 18:31 (UTC)Responder

Volver á páxina "Flora invasora de Galicia".