Conversa:Faust (ópera)

Último comentário: hai 7 anos de Atobar no tópico Untitled

Untitled editar

A amante de Fausto non debería ser Margarida? --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2016 ás 17:06 (UTC)Responder

Se as óperas non se traducen, as producións operísticas son na lingua na que se escribiron, logo por que hai que traducir os personaxes, non deberían estar na lingua orixinal, neste caso o francés.--HacheDous=0 (conversa) 18 de outubro de 2016 ás 17:38 (UTC)Responder
Ola, HacheDousO. Porque hai dúas traducións da obra (de teatro) ao galego, e se non me engano aí si que optaron por traducir os nomes dos protagonistas, algo polo demais habitual no teatro clásico. É certo que aquí falamos da Ópera, pero esta, ademais de beber da peza de Goethe, tamén o fai do mito anterior, e nas obras clásicas é habitual traducir os nomes. Entendo o que dis, e xaora que o comparto, pero creo que igual neste caso a tradución si é viable. De aí a miña pregunta. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2016 ás 23:10 (UTC)Responder
Velaquí. Na obra de teatro traducida por Lois Tobío, Margarida. --Atobar (conversa comigo) 18 de outubro de 2016 ás 23:13 (UTC)Responder
Tamén entendo o que dis, e concordo en que por regra xeral nas óperas non se traduzan os personaxes, pero se considerades que esta pode ser unha excepción, por ser personaxes literarios cunha ampla difusión e adaptación ás diversas culturas. Nese caso si parece que debera ser Margarida--HacheDous=0 (conversa) 19 de outubro de 2016 ás 14:07 (UTC)Responder
Polo momento, recuperei os nomes orixinais en francés, pois Margarita, por exemplo, non era nin unha cousa (orixinal en francés) nin a outra (tradución ao galego). --Atobar (conversa comigo) 19 de outubro de 2016 ás 14:59 (UTC)Responder
Volver á páxina "Faust (ópera)".