Conversa:Falcóns do espacio

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

espacio/espazo??

a serie emitiuse na TVG nos 90. Que dicía a normativa nesa época? O artigo debe titularse como é agora? --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 00:08, 9 xuño 2008 (UTC)

  • Se nos partidos e asociacións políticas conservamos a forma da época: Federación de Mocedades Galegas na vez de Mocidades, e nos libros tamén (Cantares Gallegos) supoño que no caso das dobraxes tamén se pode facer así, a non ser que a volvan dobrar outra vez e cambien o título o certo é que en galego se emitiu como Falcóns do espacio.--Arco de Rayne 14:03, 9 xuño 2008 (UTC)
  • Non estou moi convencido de que deba quedar como Falcóns do espacio, aínda que se dobrara así. Penso que debera moverse a Falcóns do espazo; se nos 90 a filoloxía galega cometía erros, que se corrixen co tempo, penso que debemos corrixilos. Tamén se corrixen moitos libros doutras épocas e noutras linguas (outra cousa é que se faga cun criterio e que se avise del). E logo o Quixote escríbeno como se escribía na época? Abofé que non, mesmo Quixote escribíase con "x" como podemos comprobar nalgúns debuxos da época. Con respecto á poesía, é máis delicada, porque se se mudan palabras, múdase o ritmo e mesmo a rima. Estou de acordo que o tema é debatíbel, pero deixo aquí a miña nota. Saúde. --Xoán Carlos Fraga 21:09, 19 de abril de 2010 (UTC)

A emisión desta serie non é anterior ao Xabarín Club?

Data de emsión en Galicia:

  • Malia non saber con certeza a data de emisión en Galicia, considero interesante indicar unha data (aínda que non sexa precisa de todo) para que o lector poida ter unha idea do momento histórico que se vivía en Galicia no momento que se emitiu a serie. Por exemplo; moitas series americanas da década de 1960 emitíronse por primeira vez en España na década de 1980, o que me parece información curiosa, que ten o seu interese. E dicir; "esta serie emitiuna a TVG en tal data", no canto de; "foi dobrada ó galego e emitiuse na TVG", que non aporta nada máis transcendente.--Dodro (conversa) 2 de xaneiro de 2015 ás 14:08 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Falcóns do espacio. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 12:09 (UTC)Responder

Volver á páxina "Falcóns do espacio".