Falcóns do espacio

serie de ciencia ficción británica de monicreques da década de 1980

Falcóns do espacio é unha serie de ciencia ficción británica de monicreques, creada por Gerry Anderson e Christopher Burr baixo o nome orixinal de Terrahawks para a ITV, que se comezou a emitir en 1983. En Galicia emitiuna a TVG a principios da década de 1990.

Terrahawks
FormatoMarionetas
Creado porGerry Anderson
Christopher Burr
Desenvolvido porAnderson Burr Pictures Ltd.
IntérpretesMonicreques
País de orixeReino Unido Reino Unido
Episodios39, en tres tempadas de 13 episodios cadansúa
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Gerry Anderson
Christopher Burr
Duración25 min
Emisión orixinal
Canle de orixeITV
Primeiro episodio8 de outubro de 1983
Derradeiro episodio26 de xullo de 1986
Na rede
IMDB: tt0085099 Allocine: 11754 TV.com: shows/terrahawks Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

A trama ten lugar no ano 2020, a base marciana da NASA é atacada e destruída por un grupo de extraterrestres que ameaza con invadir a Terra. Os Falcóns do espacio son unha forza de choque responsable de protexer a Terra fronte ós androides comandados por Zelda[1].

Ó igual que acontece noutras series de monicreques creadas por Gerry Anderson, vehículos e tecnoloxías futuristas pódense contemplar en cada episodio.

Episodios de Falcóns do espacio editar

Os Falcóns do espacio é unha serie de televisión creada por Anderson Burr Pictures Ltd. para a ITV. Comprende un total de 39 episodios, que foron filmados nos Bray Studios de Berkshire entre xaneiro de 1983 e agosto de 1984, distribuídos en tres tempadas de 13 episodios cadansúa.

Personaxes editar

Heroes editar

Os Falcóns do espacio (tecnicamente Escuadrón de Defensa da Terra), son unha pequena organización que defende á Terra da invasión extraterrestre dende a súa base en Suramérica, o Niño do falcón (en inglés Hawknest)[2]:

  • Doutor "Tiger" Ninestein (descoñécese o nome): piloto e líder do equipo. Nomeado deste xeito por ser o noveno clon creado polo Dr. Gerhard Stein.
  • Capitán Mary Falconer, piloto do Battlehawk. Actúa como segundo comandante, facendo de contrapunto fronte as tendencias máis belixerantes do Doutor Ninestein ó ter unha personalidade máis reflexiva.
  • Capitán Kate Kestrel (nome real Katherine Westley), piloto da nave Hawkwing e número tres na cadea de mando. Kate tamén é unha cantante pop de sona internacional.
  • Tenente Hawkeye (nome real Hedley Howard Henderson III): artilleiro da nave Hawkwing. El é o número catro na cadea de mando.
  • Tenente Hiro (nome completo descoñecido), comandante da Spacehawk, xaponés, é o quinto na cadea de mando.

Os Zeroides, robots esféricos que realizan operacións en terra e actúan como forzas de artillaría do Spacehawk. Existen dous líderes entre os Zeroides que presentan capacidade semellante á humana para o pensamento e as emocións[3]:

  • Sarxento Maior Zero, comanda ós Zeroides destacados na Terra. Sempre anda a importunar ó Doutor Ninestein e moitas veces profire un grito estentóreo antes do ataque; "Xerónimo!".
  • Sarxento 101 dirixe os Zeroides que se encontran no espazo a bordo da Spacehawk.
  • Outros Zeroides teñen trazos de personalidade propia, como Dix-huit Zeroide (Zeroide dezaoito en francés), fala francés e ten bigote, adoita berrar "St-roll on!" antes do ataque.

Antagonistas editar

Os invasores son androides procedentes do planeta Guk. Zelda amais os seus secuaces foron creados polos cidadáns máis vellos e máis sabios do seu planeta, estes androides rebeláronse contra os seus creadores cando esta civilización caeu na decadencia e na apatía. Zelda pretende conquistar a Terra e facer dela un fogar para a súa familia de androides e para as súas criaturas non-humanas[4].

  • Zelda é o personaxe antagonista da serie, sempre anda argallando a maneira de destruír ós Terrahawks. Ten poder sobre a materia e úsao principalmente para teleportar ós seus servos. Foi creada para protexer ó príncipe dos guk, mais foi deseñada para ter ambición, chegando a revelarse contra os seus creadores. Ela cre honestamente que os seres humanos son malos e que foi enviada para librar ó universo da súa maldade.
  • Cy-star, "irmá" de Zelda, non é moi brillante pero é borbullante e sempre optimista. Dá a luz a It-star durante a terceira tempada.
  • Yung-Star, "fillo" de Zelda, non é moi intelixente, é covarde, preguiceiro e aproveitado. Ocasionalmente envíano acompañando a algún monstro contra os Terrahawks.
  • It-Star, "fillo" de Cy-Star, con dúas personalidades e voces; a voz doce dunha nena cando pretende facerse a inocente, e unha voz masculina con acento alemán cando conspira. A súa personalidade malvada e a súa intelixencia contrastan ca dun neno da súa idade.

Os Cubos, son a resposta extraterrestre ós Zeroides. Poden combinarse entre eles, creando armas e campos de forza. Os seus lados están marcados de forma diferente, indicando a súa actitude; un dos lados serve como arma. Cy-star ten un, chamado Pluto, como mascota[3].

Monstros editar

Zelda ten como servos varios monstros ás súas ordes, parias de varios mundos e civilizacións que custodia crioxenizados mentres non é necesaria a súa intervención[5].

  • Sram, é unha besta réptil cun ruxido devastador capaz de facer tremer montañas e destruír os disparos inimigos antes de que poidan alcanzalo. O seu sangue libera vapores que son altamente tóxicos para os seres humanos. Sram aparece en varios episodios da serie. (Sram é un anagrama; Mars cando o lemos do revés).
  • Sporilla, é unha criatura salvaxe moi poderosa que controla Zelda mediante un dispositivo. Cando este dispositivo foi destruído, os Terrahawks decatáronse de que o Sporilla é capaz de comunicarse e non pretende loitar contra eles.
  • Moid: o "Mestre do disfrace infinito" (Master Of Infinite Disguise, en inglés). É un alieníxena con aparencia de esqueleto, de trazos faciais case inexistentes, e dotado coa capacidade de asumir a aparencia física de calquera. "Eu uso moitas caras, pero ningunha é a miña propia", dixo unha vez para describirse a si mesmo. Os Terrahawks parecen ter mágoa del, e el parece aborrecer unha existencia de servidume a Zelda. Semella que ten afecto por Kate Kestrel.
  • Yuri, é unha criatura con aparencia de oso de peluche, os aliens atópano horripilante e aterrador. Ten o poder de controlar o metal coa mente.
  • Lord Tempo: o "Mestre do tempo", pode viaxar cara a atrás no tempo e cara a adiante ó seu parecer, e cambiar o fluxo temporal localmente.
  • Tamura: o "Samurai do espazo", é un alieníxena bo e honorable, posúe un cruceiro espacial poderoso, o "Ishimo". Intervén na disputa entre Zelda e os Terrahawks co propósito de resolver a liorta. Foi enganado por Zelda, que só contempla destruír ós Terrahawks.
  • O Krell, é unha criatura peluda capaz de disparar un raio láser o suficientemente poderoso para derrubar obxectos en órbita.
  • Cyclops, é unha criatura reptante negra e vermella cun ollo xigante. O Cyclops consome o metal.
  • Capitán Goat, é un corsario do espazo que foi capitán dun buque, onde transmitía a súa radio pirata.
  • Cold Finger ("dedo frío"), é un alieníxena especializado no uso da auga e do xeo como armas. Toda a súa nave está feita de xeo.

Outros editar

  • Coronel Johnson (descoñécese o nome), é o xefe da WASA (World Aeronautics & Space Administration), e malia que ostenta o mando sobre os Terrahawks, na práctica é o Doutor Ninestein quen asume a autoridade.

Vehículos editar

Vehículos dos Terrahawks editar

A frota dos Falcóns do espacio consiste nalgunhas unidades especializadas dedicadas ó transporte ou para o combate[6][7].

  • Battlehawk, un portaavións pesado que transporta ós Zeroides, ó Terrahawk, ó Battletank, vehículo pesado de apoio tripulado por Megazoides, e outros equipamentos auxiliares. O Battlehawk ten o hangar embaixo da mansión Hawknest e pilótao normalmente Mary Falconer.
  • Terrahawk, unha nave autónoma, capaz de separarse do corpo principal do Battlehawk. É a nave persoal do Dr Ninestein; xoga na súa cabina ó seu vídeo-xogo favorito no tempo de lecer.
  • Hawkwing, un avión de caza que ten a rampla de lanzamento baixo o océano; un vórtice xerado mecanicamente crea un túnel no mar permitindo que a nave engale. A aeronave inclúe un modulo independente, que pode separarse. O Capitán Kate Kestrel e Tenente Hawkeye son os seus pilotos.
  • Treehawk, unha nave espacial capaz de transportar ó persoal, como ó Tenente Hiro, ó Spacehawk que está en órbita. Chámase así porque a rampla de lanzamento está oculta como unha árbore.
  • Spacehawk, unha estación de batalla orbital, habitualmente ocupado por Tenente Hiro, que ofrece a primeira liña de defensa contra un ataque. Está armado con varias baterías de Zeroides, e leva moitas naves auxiliares, que inclúe módulos de transporte, tanques e outros equipamentos.

Outros vehículos dos Terrahawks editar

  • HUDSON (Heuristic Universal Driver with Sensory and Orbital Navigation), automóbil persoal de Dr Ninestein, é un Rolls-Royce que posúe intelixencia artificial, equipando para cambiar de cor como camuflaxe activa.
  • Battletank, un gran tanque tripulado por dous Megazoides (grandes Zeroides), que están aparentemente incorporados na estrutura do vehículo. O Battletank transpórtase a bordo do Battlehawk.
  • Overlander, un sistema automatizado de vehículo todo terreo articulado.
  • Spacetank, un vehículo grande e poderoso que os Terrahawks construíron para un posible ataque a base de Zelda.
  • Groundhawk, un vehículo terrestre usado polos Terrahawks para investigar unha bomba. Só aparece nun episodio.
  • Hawklet, incorporado no Spacehawk, é unha versión máis versátil e mellor armado do Treehawk.
  • MEV (Martian Exploration Vehicle), usado unha vez en Marte nun ataque contra Zelda.
  • Big White One, unha especie de bombardeiro espacial comandado polo Xeneral "Rip" Cord nun intento de acabar con Zelda con mísiles termonucleares.

Vehículos dos aliens editar

Zelda ten baixo o seu mando unha frota de naves de gran embergadura, que teñen base en Marte, utilizados para ataques a grande escala. A maioría das veces envía os seus cazas ZEAF (Zelda's Earth Atmospheric Fighters). Non está totalmente claro quen pilota os ZEAF, na maioría dos casos non se mostra ós pilotos.

  • Mothership: nave de mando ou "Hub" de Zelda, rodeada de naves satélite. Capaz de viaxar ó largo do universo.
  • Docking Ring: Sección que une ás seis naves satélites coa Mothership. Constituíndo unha cidade na superficie marciana.
  • Nave Satélite 1, destrutor espacial capaz de modificar o seu tamaño e de xerar un campo de forza invisible a modo de escudo.
  • Nave Satélite 2, destrutor espacial moi poderoso.
  • Nave Satélite 3, destrutor espacial con capacidade submarina, ten moitas dársenas con ZESAWs (ZEldan Sub-Aqua Warcraft).
  • Nave Satélite 4, destrutor espacial e de transporte usado principalmente para viaxar a Terra, que traslada vehículos terrestres. Tamén transporta ZEAFs.
  • Nave Satélite 5, destrutor espacial que alberga o laboratorio e as cámaras crioxénicas.
  • Nave Satélite 6, destrutor espacial capaz converterse en calquera nave ou estrutura.

Notas editar

  1. Falcóns do espacio, Gerry Anderson's Terrahawks, en inglés.
  2. Personaxes de Falcóns do espacio Arquivado 30 de decembro de 2014 en Wayback Machine., en inglés.
  3. 3,0 3,1 Cubos e Zeroides, en Phil's Terrahawks Cyber Pages, en inglés.
  4. Coñece a familia de Zelda, en Phil's Terrahawks Cyber Pages, en inglés.
  5. Coñece ós monstros e amigos extraterrestres de Zelda, en Phil's Terrahawks Cyber Pages, en inglés.
  6. Vehículos dos Terrahawks Arquivado 30 de decembro de 2014 en Wayback Machine., en inglés.
  7. Falcóns do espacio - As naves, en Phil's Terrahawks Cyber Pages, en inglés.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar