Conversa:Estreleira

Último comentário: hai 11 anos de Fernando.norat no tópico A estrela vermella, Castelao e a "creación" pola UPG

Untitled editar

porque citar iugo-eslavia en particular? a estrela representa o socialismo e por iso figuraba na bandeira dos países ex-socialistas e socialistas, non ao revés... quitei esta parte.

"A estrela vermella foi creada por militantes comunistas da UPG (Unión do Povo Galego) alá polos anos 60 lembrando a estrela vermella da bandeira de Iugoslavia e outros países do leste"

  • Desde cando se lle chama así? Non coñezo nengunha referencia. Xosé (✉) 21:26, 15 abril 2006 (UTC)
  • Tampouco atopei referencias, penso que hai que considerar cambiar o nome do artigo. Saúdos. --Prevert(talk) 19:43, 17 abril 2006 (UTC)
  • Eu tan só coñezo a palabra de lela nalgúns foros, de non se achegar unha referencia válida estou de acordo en procurar outro nome para o artigo.--Rocastelo(fálame aquí) 22:12, 28 abril 2006 (UTC)
  • A palabra estreleira non atopase en documento oficial algún, pero moita xente utiliza a palabra para referirse a ela e moitas organizacións fan o propio. Non é unha bandeira oficial, polo que non atoparedes a definición do nome, pero se a xente adoita chamala así, penso que debería ficar o nome como está.--Spacorum(fálame aquí) 21:38, 2 maio 2006 (UTC)
  • Non se trata de que sexa oficial ou non. Trátase de saber se realmente se emprega a forma, para iso hai que establecer quen a emprega, non abonda dicir moita xente ou algunha xente ou algúns, máis ben que organizacións, en que revistas, medios de comunicación, libros ou algo que sexa comprobable.--Rocastelo(fálame aquí) 19:53, 2 maio 2006 (UTC)
  • Galiza Nova fai uso da palabra, e o portal vieiros creo lembar que fixo uso da palabra nun artigo, nom me lembro cal.--Spacorum(fálame aquí) 22:03, 2 maio 2006 (UTC)
  • Asocia-las reivindicacións independentistas coa ideoloxía esquerdista pode levar a erro. --Adalbertofrenesi(fala) 16:33, 16 xuño 2006 (UTC)
  • É unha bandeira inspirada na bandeira de Cuba. A estreleira ten connotacións esquerdistas. --PortoFaládeme aquí 16:43, 16 xuño 2006 (UTC)
    • Refírome a (e cito textualmente): A bandeira estreleira é a bandeira que simboliza a loita pola independencia da Galiza. Pregúntome que diría Vicente Risco diso, --Adalbertofrenesi(fala) 17:00, 16 xuño 2006 (UTC)
    • Outro punto, e cito do artigo: Todos os partidos políticos nacionalistas de Galiza (Nos-UP, FPG, BNG...) usan a bandeira coma símbolo, iso non é verdade, xa que o PNG-PG é un partido nacionalista e non a ten como símbolo. Cecais habería que trocar a frase por algo como: Todos os partidos políticos nacionalistas esquerdistas de Galiza (Nos-UP, FPG, BNG...) usan a bandeira coma símbolo. --Adalbertofrenesi(fala) 15:46, 26 xuño 2006 (UTC)
    • O PNG-PG está dentro do BNG, polo que acepta a estreleira coma símbolo. --Spacorum(fálame aquí) 20:44, 26 xuño 2006 (UTC)
      • O seu símbolo é unha estrela verde cun motivo xeométrico inscrito. A estrela vermella, repito, non representa ó nacionalismo galego, en todo o caso ó de esquerdas (e aínda non estou seguro de se a todo o nacionalismo de esquerdas) :-) --Adalbertofrenesi(fala) 18:55, 26 xuño 2006 (UTC).

Aviso de CommonsTicker editar

As seguintes imaxes foron eliminadas de Commons ou marcadas para borrar. Por favor elimine os enlaces ás imaxes borradas no artigo, ou participe na discusión sobre o destino final da imaxe en Commons. Esta é unha mensaxe automática de CommonsTicker.

ALE! eliminou Image:Estreleira_bandeira.svg: duplicate image;

-- CommonsTicker 02:16, 12 marzo 2007 (UTC)

invención editar

Eu nunca vin publicado este nome, parece-me un caso claro de Investigación inédita unha procura no google só trai entradas de wikipedias, polo que parece que estamos estendendo un nome inexistente. Propostas de cambio? --Emilio juanatey 12:13, 8 setembro 2007 (UTC)

E non pode ser que sexa "vox populi"? porque saen as palabras dunha lingua? por sairen dos libros? coido que non, os libros saen das palabras dunha lingua. E se procurades no google, hai moitos sitios onde está documentado, mesmo en xornais. Eu escoito a moita xente chamarlla estreleira, a outra escoitolle bandeira da Patria. Tamén chámanlle matraquiños ao futbolín, e de seguro que hai xente que non o sabe. --Spacorum 16:23, 19 maio 2008 (UTC)

  • Ratifico o que di Emilio juanatey, procurando en Google hai 1.100 resultados [1]

quitándolle wikipedia [2] quedan 534 e ou ben non teñen relación coa bandeira coa estrela ou ben son clons das wikipedias. A cuestión é que o suxeito do que trata o artigo non ten un nome específico, é unha bandeira galega coa característica de ter a estrela vermella e desde algún sitio (quizais un blog) aproveitando que a bandeira catalá coa estrela recibe o nome de estelada inventaron o de estreleira pero hoxe por hoxe non creo que estea estendida esa denominación. Pero tampouco se me ocurre como titular o artigo que por certo habería que modificar, empezar o artigo tal como está agora: A estreleira é a bandeira que simboliza a loita pola independencia da Galiza, non é moi enciclopédico.--Arco de Rayne 16:44, 19 maio 2008 (UTC). O de google é un misterio agora sae como resultado 945 e 476.--Arco de Rayne 16:46, 19 maio 2008 (UTC)

  • Artigo no xornal El País, onde aparece estreleira coma referencia á bandeira. Monforte en pleno Chaos --Spacorum 13:31, 20 maio 2008 (UTC)
  • Pois esa xa é unha referencia externa, o artigo asínao X.M. Pereiro. Con todo, se esa é a única referencia importante paréceme escasa.--Arco de Rayne 14:43, 20 maio 2008 (UTC)
  • Se queredes procurade mellor, se non cambiade o nome "falso" polo "real" que coido que aquí non sabe ninguén. Se estreleira é a denominación (enténdase denominación, palabra para referirse á bandeira) máis estendida deberiase por dese xeito.

E o de procurar mellor, é para abrir os ollos. Outra referencia máis... Miniguerra de bandeiras no Obradoiro E outra de propina A selección leva dez medallas no trofeo internacional de Cáceres --Spacorum 13:14, 21 maio 2008 (UTC)

Referencias do nome editar

--  Norrin_strange (Fala-me) 07:14, 9 agosto 2008 (UTC)

PD: Aquí hai outra: http://galiCIa.indymedia.org/pt/2007/07/11749.shtml en Galiza Indymedia , pero non me deixa poñelo como ligazón Paar acceder, abonda con trocar CI por Z. --  Norrin_strange (Fala-me) 07:16, 9 agosto 2008 (UTC)

  • Nestes momentos parece que lle teño que dar a razón a Norrin, semella que o termo comeza a utilizarse na prensa e nos blogs, e como realmente non hai un nome alternativo por min estou de acordo que permaneza estreleira.--Arco de Rayne 10:16, 9 agosto 2008 (UTC)

A estrela vermella, Castelao e a "creación" pola UPG editar

No artigo afirmamos cousas que convén afinar e referenciar:

  • A estrela vermella foi creada por militantes comunistas da UPG (Unión do Povo Galego) polos anos 60 lembrando a estrela vermella da bandeira dos varios países socialistas do leste[1], aínda que nun artigo de Nova Galiza do 36, Castelao fai mención a unha bandeira galega cunha estrela vermella que lle engadían os galeguistas.
  1. Castelao describiu a bandeira con estrela vermella en Nova Galiza o 1.07.1937. Di, efectivamente, que O partido galeguista engadíalle unha estrela roxa (Castelao, Obras. Galaxia 2000, tomo 4, px. 176-178).
  2. Non podemos dicir que fose creada pola UPG nos anos 60. De ser certa esa intervención da UPG sería copiada, adoptada ou o que queirades.
  3. A referencia ós países socialistas esixe rexistrarse en windows live.

A ver que se vos ocorre para redactar de novo este parágrafo. Pedro --Lameiro (conversa) 22:43, 23 de novembro de 2011 (UTC)

  1. A estrela usouse por vez primeira despois da Guerra Civil Rusa de 1917: para diferenciar os soldados que viñan de fóra dos soldados moscovitas, os oficiais dábanlles a éstes unha estrela que levaban no seu sombreiro; cando estes soldados se uniron á revolución bolchevique, pintaron as súas estrelas de roxo, a cor so socialismo. (Mikhail Khvostov, "The Russian Civil War (1): The Red Army", Osprey Publising Ltd. ISBN 1-85532-608-6, 1996, px. 37-40).
  2. A estrela aparece xa no escudo da república de Letonia de 1918, e Leon Trostky fixo unha das primeiras referencias á estrela roxa no discurso do primeiro de maio de 1923 (publicado no diario Pravda nº96, do de maio de 1923) --Fernando.norat (conversa) 11 de febreiro de 2013 ás 17:28 (UTC)Responder
Volver á páxina "Estreleira".