Conversa:Enfermidade de orixe alimentaria

Último comentário: hai 3 anos de HacheDous=0 no tópico gromo

Untitled editar

Un tema menor: na foto final ponse o texto "Alimentos sen garantía sanitaria.". Coido que debería ser menos taxativo, xa que pode dar a impresion de que un posto de tales características nunca ten garantias sanitarias.--Maañón 22:20, 16 setembro 2007 (UTC)

    • Nunca, nunca... non che sei, pero que ten moi poucas garantías... seguro. Neste caso, as cacheiras e os chourizos carecen de calquera etiquetaxe, o que os converte automaticamente en produtos non seguros, sen garantía ningunha (e decomisables sen dúbida ningunha).
    • Pero vale, entendo que a xeneralización pode ser perigosa. Podo cambia-lo pé da foto por algo así como "Non consuma alimentos sen garantía sanitaria".
    • Pedro --Lameiro 23:04, 16 setembro 2007 (UTC)
  • Unha pregunta qué é carácter de abrocho colectivo? Lansbricae (Ti dirás) 22:42, 16 setembro 2007 (UTC)
    • Abrocho colectivo é a aparición de dous ou máis persoas cunha mesma enfermidade, despois de come-los mesmos alimentos (unha familia, os convidados dunha voda, os alumnos dun comedor escolar, os clientes dun determinado establecemento, etc.). No botulismo e as intoxicacións por biotoxinas abonda con que se dea un só enfermo para consideralo abrocho. Sería o que en castelán se chama brote. Pola contra, considérase caso a cada un dos enfermos.
    • Terei que explica-la palabra no artigo -un tende a crer, erroneamente, que todo o mundo entende os tecnicismos que un manexa- pero é que pensaba falar de todo isto noutro artigo: tipos de abrocho, investigación do abrocho, intoxicacións "sonadas" (aceite de colza no 1981, polo con salmonelas no 2006, e algún máis.
    • Grazas por advertirme de que debo ser menos tecnicista.
    • Pedro --Lameiro 23:04, 16 setembro 2007 (UTC)

En 2009, o Seminario de Lexicografía da RAG confirmoume que brote, co significado de aparición dunha enfermidade, non consta no DRAG pero si nunha obra máis específica, como o Diccionario galego de termos médicos. A maiores, pódese incluír "brote" na 4ª acepción da voz brotar (‘Comezar a manifestarse, producirse ou aparecer de repente’), e tería sentido utilizar “brote” nun sentido próximo. Pero é que, ademais, tanto “abrocho” como “abrochar” parecen ter un uso máis restrinxido, xa que figuran unicamente referidas a unha planta. Conclúo-eu-, xa que logo, que "brote de intoxicación alimentaria" sería correcto, mentres que "abrocho de intoxicación alimentaria" non o sería. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de xaneiro de 2015 ás 18:14 (UTC)Responder

gromo editar

En 2020 a RAG decidiu ampliar as acepcións da voz gromo para darlle os usos de "aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar" e "primeira manifestación ou aparición de algo" mentres brote tan só ten unha entrada relacionada coa botánica.--HacheDous=0 (conversa) 3 de agosto de 2020 ás 21:13 (UTC)Responder

Volver á páxina "Enfermidade de orixe alimentaria".