Conversa:Emilio Villelga Rodríguez

Último comentário: hai 4 anos de Elisardojm no tópico Imaxe de Emilio Villelga

Imaxe de Emilio Villelga editar

No libro "As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX", de Carlos Castelao (Consorcio de Santiago / Alvarellos Editora, 2018), hai publicada unha imaxe deste xornalista na páxina 176, obra da sociedade fotográfica de Ferrant e Chicharro. Saúdos!--Castelao (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 14:29 (UTC)Responder

Castelao, entón é o teu libro non? :) Sabes se esa foto está libre de dereitos de autor? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 15:12 (UTC)Responder
Pertence á miña colección/arquivo. O autor faleceu hai 139 anos e o retratado hai 85 anos. Acho que está libre de dereitos e basta referir a fonte de onde se extrae. Non estou seguro ao 100% sobre se a propiedade do orixinal outorga dereitos de reprodución, sobre todo se é considerada unha obra artística e non meramente un testemuño fotográfico. É o que podo dicir. Pola miña banda, non hai problema en reproducir, sempre que se cite a fonte. Espero que a resposta poida aclarar algo. Saúdos!--Castelao (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 15:34 (UTC)Responder
Se o que fixo a foto morreu hai 139 anos entón está en DP "mallao" :) Ter a propiedade do orixinal outorga o dereito de dar permiso a acceder a ela simplemente, é dicir, ti ensínaslle esa foto, e déixaslle facer copias a quen ti queiras, e como queiras, pero esa imaxe está en dominio público e se calquera persoa publica unha reprodución dela, sen facerlle modificacións salientables, esa reprodución tamén estará en DP. Tal e como o entendo eu, claro... Se ti tes o orixinal podes subila a Commons se queres, indicando o autor orixinal e a fonte de onde a colles, o teu libro, indicando os seus datos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xullo de 2019 ás 21:12 (UTC)Responder
Volver á páxina "Emilio Villelga Rodríguez".