Abrir o menú principal

UntitledEditar

O Concello de Curtis está formado por dous núcleos de poboación: Curtis (que da nome ao concello) e Teixeiro onde está a sede do Concello. --Nemigo (conversa) 16:57, 25 de xuño de 2012 (UTC)

EconomíaEditar

A orixe de Curtis está na chegada do ferrocarril no século XIX e o crecemento a partires do Barrio de Bodeus (Aldea Bella) Posteriormente serviu de enlace dos viaxeiros dende a estación do tren (Praza de Compostela) ca cidade de Santiago de Compostela enlace que se facía pola vella estrada que vai dende Curtis a Compostela.

Curtis é a orixe do Grupo Losán. Aquí foi fundada a empresa que actualmente é unha das máis importantes do sector da transformación da madeira na España. O grupo levou a sede á cidade da Coruña tengo agora fábricas tanto en España (Curtis, Vilasantar e Soria) coma no estranxeiro: Holanda, EE.UU e Rumania.

O sector agrario ten productos de recoñecido prestixio e calidade como o queixo de Curtis vendido baixo denominación de orixe Queixo de Arzúa Ulloa --Nemigo (conversa) 16:57, 25 de xuño de 2012 (UTC)

NOME DO CONCELLOEditar

O nome, non ven dado pola localidade do mesmo, senon que pola histórica parroquia de Santa Eulalia de Curtis, da cal é capital a entidade poboacional de Santaia. Dita parroquia foi unha mesma entidade parroquial, coa parroquia do concello de Vilasantar, San Vicenzo de Curtis, a cal ainda ten no seu nome referencia do mesmo. Despois sobre a posible orixe do nome de Curtis, hai duas teorías bastante extendidas, unha é a de que o oficio de curtidor foi moi popular na idade media en dita parroquia, pola gran existencia de pozos interiores en casas das parroquias e a máis creible, di que o campamento militar da aldea da "Ciadella" (Cohors I Celtiberorum), ou como queren facerlle chamar agora Ciudadela, no concello de Sobrado dos Monxes, foi a orixe de dito nome. Dita entidade poboacional, atópase da de Santaia a escasos 2 kilometros. O nome de Curtis, pobo, ven dado a que o mesmo se lle comezou a chamar A Estación de Curtis, por ser a maior de dito concello. Co paso do tempo a aldea de Budeos, núcleo orixinal do pobo de Curtis, adquiriu por uso popular o nome de Curtis-Estación, ata que co paso do tempo o longo do século XX, se lle acabou chamando simplemente como é coñecido na actualidade, CURTIS. Ditas informacións están contrastadas na historia do concello de Curtis, editado polo mesmo concello e por parrocos que pasaron pola parroquia de Santa Eulalia de Curtis, como foi Don Sergio Vázquez Rouco. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/12/23/2275621.shtml --Ceivar (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 19:26 (UTC)

Desfixen a edición por non respetar a toponimia oficial, tal como se reflicte no Nomeclátor da Xunta, Santaia de Curtis.--Sernostri (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 20:52 (UTC)


O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello,
e Curtis, que dá nome ao concello.

Pode ser confuso. Non se quere dicir que a localidade actual de Curtis dea nome ao concello. O concello de Curtis xa se chamaba así antes de que Teixeiro fose a sede da casa do concello. Curtis da nome ao concello eso é o que se quere dicir no texto. De como se chegou a esa situación queda como exercicio histórico. Hai varias teorías sobre a orixe do topónimo. A que está no texto é a máis antiga e referenciada, a mesma que di o concello na páxina web. Hai outra,moito máis recente contada polos vellos que din que era o nome dun enxeñeiro que traballou na construción do tren e morreu alí. Esto non está confirmado por ningures. En canto ao nome das parroquias, modificadas no texto é:

  • Santa María de Foxado
  • Santa María de Fisteus
  • Santa Eulalia de Curtis
  • Santa María de Lourdes

Como se pode ver aquí-> http://www.curtis.es/index.php/gl/parroquias Lurdes (nome da parroquia administrativa) e Lourdes da ecelsiástica non teñen uso como topónimo e non existen como tal sobre o terreo. Nunca foron empregadas en Curtis. Curtis é un pobo, non un lugar. E Bodeus chámase así e era o "pobo" orixinario do actual Curtis (ubicación actual de Curtis). Saúdos Nemigo   29 de marzo de 2014 ás 14:04 (UTC)

HistoriaEditar

Retiro a frase seguinte da sección Historia: "A historia do concello de Curtis está vencellada á de Sobrado e Vilasantar. Nestes concellos existen dúas parroquias co nome de Curtis, Santa Eulalia en Sobrado, e San Vicente en Vilasantar. Da unión destas parroquias formouse o Coto de Curtis, na provincia de Santiago. Foron separadas pola división municipal do século XIX". Segundo o Nomenclátor non existe tal Santa Eulalia de Curtis, en Sobrado, e si un San Vicenzo de Curtis en Vilasantar. ¿Puido ser que existise en tempos tal parroquia en Sobrado e que desaparecese con esa fusión? Isto é o que cómpre referenciar. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 14:35 (UTC)

  • Esquecía unha observación. Se a toponimia utilizada pola web de Curtis discrepa da toponimia utilizada polo Nomenclátor, está claro que a que prevalece é esta segunda. Discutir isto semella absurdo. Pedro --Lameiro (conversa) 29 de marzo de 2014 ás 14:38 (UTC)
Dixechelo moi ben: esqueciches. A frase "seguinte" está sacada da páxina web do concello de Curtis, e polo tanto referenciada. Santaia chámase así: Santaia de Curtis (Santa Eulalia de Curtis). Aínda hai algún cartel pola zona que o pon. Non existe ninguna discrepancia entre a toponimia empregada pola Xunta (que non é nin pode ser a única e moito menos a primordial) e a empregada polo concello (o concello non emprega toponimia algunha.) Nin Lourdes nin Lurdes son topónimos. Son denominacións administrativas. Divisións que existen sobre os papeis pero no caso concreto de Curtis non teñen base topográfica xa que non teñen ese uso. Existen máis casos en que as divisións territoriais e toponímicas (parroquias) non coinciden (por exemplo en Narón). No caso concreto de Curtis si se pode ver polas parroquias: Parroquia de Foxado, Parroquia de Santa Eulalia e Parroquia de Fisteus. Tanto Foxado como Santa Eulalia e Fisteus existen e teñen un lugar co seu nome. Non hai en Curtis ningún lugar que se chame Lourdes nin Lurdes. Por non haber non hai nin carteis onde poña iso. Saúdos Nemigo   30 de marzo de 2014 ás 01:25 (UTC)
Recuperei a frase, agás a parte do couto de Curtis que descoñezo. A parroquia de Sobrado reférese á da Ciadella, que antigamente era chamada de Curtis. One2 (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 21:46 (UTC)

DeusesEditar

Onde pon "Consagración aos deuses romanos" creo que debería poñer "Consagrado aos deuses manes".—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.50.148.161 (conversacontribucións) 28 de xuño de 2014 ás 21:20

Se pode achegar referencias desa información o artigo será modificado o antes posible. Moitas grazas pola súa colaboración. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de xuño de 2014 ás 22:40 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Curtis. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 04:54 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Curtis. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 00:42 (UTC)

Volver á páxina "Curtis".