Conversa:Bugallo

Último comentário: hai 4 anos de HacheDous=0 no tópico Nome

Untitled editar

Ola, xa me estou a arrepentir de ter votado neutro a este aritog, pero paso a expoñer as dúbidas que me xurden ao lelo:

  • Fitófago: Só chego a intuir o que significa.
  • Cando a continuación se fala das forma que pode adoptar, pese a ser moi simple non todo o mundo entende como é a forma lenticular.
  • No apartado Organismos responsables entendo que se fai unha clasificación según quen o provoque dividíndose en fitocecidias e zoocecidias. Isto é o que entendín pero non estou seguro de que sexa o correcto. A continuación desenvolves, creo entender, a división das zoocecidias, Por picadura e pola Posta de ovos. Non sei se é corecto xa que nas primeiras lecturas xuntaba ambas clasificacións (supoño que entendes o que tento explicar).
  • Ovoposición e Ovopositor supoño que e semellante a falar de ovíparo pero non igual non? (fora do tema o de Ovopositor recordoume aos exames de oposicións da Xunta en Silleda, un espectáculo moi singular)
  • En Mecanismo de formación do bugallo entendo que se amosa un exemplo (polo que podería ser interesante resaltalo dalgún xeito (con negriñas ou algo así) e na descrición cando cheguei a entender o punto 2 atopeime no 3º con capas tisulares e lignificada e nestes casos non atopo o apoio que me axudou a salvar o punto 2 entendendo o seu contido.
  • No apartado aproveitamento entendo astrinxente, antidiarreica pero non entendo hemostática (e o pior, non saberia nin onde buscar, sempre tendo en conta que non teño nin idea do tema), e a causa principal do seu aproveitamento entendo que é a riqueza que ten en taninos, a pega é que na Galipedia non temos artigos sobre eles polo que o lector seguirá aler este apartado cunha definición propia de taninos ou unha mera intuición do que son. Creo que casos como estes xa nos xurdiron antes e un pequeno apoio, no que se destaque o valor principal que teñen axudaría á comprensión da súa utilización xa que si se remarcan os seus valores curativos e no aproveitamento comercial semella que é moi boa materia para tintes por... que ten taninos.

Estas son as pequenas dúbidas a un gran traballo reflectido nun fermoso, completo e equilibrado artigo. Xa me dirás que che parece. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 18:54, 8 decembro 2007 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Bugallo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 12:26 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Bugallo. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 20 de xaneiro de 2020 ás 05:09 (UTC)Responder

Nome editar

Dado que a RAG dá como voz principal bugalla, e como sinónimo bugallo, quizais sería pertinente cambiar o título deste artigo. --XoioÉche o que hai 3 de abril de 2020 ás 16:49 (UTC)Responder

Se non me engano, é por clasificación alfabética a razón de poñer bugalla como voz na que define, non por ser voz principal, de feito nas outras non pon forma menos recomendable nin nada que indique que sexan secundarias.--HacheDous=0 (conversa) 3 de abril de 2020 ás 16:55 (UTC)Responder
Volver á páxina "Bugallo".