Conversa:Bufo

Último comentário: hai 4 anos de AmilGZ no tópico Páxina duplicada

Untitled editar

Podería alguén borrar este artigo? O seu contido xa se atopa en Estrixiformes.--Hugo22 21:04, 16 febreiro 2010 (UTC)


Copio aquí a edición de Xoio en Moucho porque vou borrar esa páxina. Pedro --Lameiro (conversa) 19:15, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Non habería que fusionar este artigo co case idéntico titulado Bufo? Ambos os dous comezan:

  • "Un bufo é calquera das máis de 200 especies de aves de rapina nocturna solitaria (sic) do (sic) orde dos Strigiformes. (...)"
  • "Un moucho é calquera das máis de 200 especies de aves de rapina nocturnas solitarias da orde dos Strigiformes. (...)"

E ambas as dúas están ilustradas coa mesma foto que, na primeira, é o Bufo manchado norteño e, na segunda, o Moucho manchado norteño (a foto é a mesma, e a ave representada é Strix occidentalis caurina, unha subespecie de moucho norteamericano —como se non houbera mouchos, e bufos, galegos—; é como se a páxina vaca estivese ilustrada cunha foto dun cebú brasileiro).

Por outra parte, en ambas as páxinas, na clasificación científica (que vén debaixo da foto), faise a clasificación... da orde dos estrixiformes que é a orde que comprende, entre outros, a bufos e mouchos, como vemos en dita páxina (casualmente ilustrada con tan exótico moucho):

  • "A orde das estrixiformes ou aves rapaces nocturnas comprende á familia Tytonidae (curuxas) e a familia Strigidae que inclúe bufos, curuxas, mouchos, tecolotes, mouchos de orellas, avelaionas, ñacurutús e chunchos. (...)"

Daquela, tamén habería que fusionar con aquelas dúas esta terceira páxina e, despois, cando quedaran libres os títulos, abrir unhas pequenas páxinas para explicar o que son os bufos e mais os mouchos, e retocar as páxinas Estrixiformes, moucho de orellas (só hai un), avelaionas (só hai unha), suprimir tecolotes, ñacurutús e chunchos, facer a páxina titónidos (Tytoniade), que á familia das curuxas... en fin, ordenar un pouco as cousas. --XoioÉche o que hai 00:15, 30 de setembro de 2012 (UTC)


Borrei Moucho aplicando o principio de prioridade. Bufo foi creado por Xoán Carlos Fraga, editor habitual, o 1.12.2005, a partir dunha tradución da es:wiki. Moucho foi creado pola IP anónima 88.7.224.118 o 24.10.2007, den indicar a orixe; foi a súa última contribución (a primeira foi unha semana antes). Tendo en conta que o contido é o mesmo, coa única diferenza de que nun caso atribúe toda a información ó bufo e noutro ó moucho, non é preciso fusionar historiais. Agora, Xoio, queda da túa man para que fagas as correccións e melloras que indicas e máis que se che vaian ocorrendo. Claro que quizais sexa mellor solución levar a información deste bufo ó artigo Estríxidos, non sei, pero nese caso si que habería que fusionar historiais, algo que eu non sei facer. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 19:24, 30 de setembro de 2012 (UTC)

Páxina duplicada editar

Esta páxina fala dos Estrinxídeos, que ten xa unha páxina propia. Debería fusionarse con aquela.

Alén diso, esta páxina parte da incorrección de que bufo é o nome común dos Estrinxídeos, cousa que non é así. Ninguén diría que un moucho ou unha curuxa son bufos. AmilGZ (conversa) 11 de decembro de 2019 ás 09:52 (UTC)Responder

Volver á páxina "Bufo".