Conversa:Bueu

Último comentário: hai 7 anos de HacheDous=0 no tópico NÚMERO DE PARROQUIAS DE BUEU

Xentilicio editar

Fan falta referencias para o xentilicio/s, sexa bueués, buenense ou bueueiro--Sernostri (conversa) 2 de febreiro de 2014 ás 16:51 (UTC)Responder

Bueués é un xentilicio proposto que, a pesar de estar ben construído, certamente ten un uso escasísimo. Non o recolle nin o DRAG nin o Gran Xerais. Bueueiro non o vin nin oín xamais. Buenense si é de uso máis ou menos común na prensa. Porén é lingüisticamente absurdo, por inclúe un "n" que non ten a menor xustificación. No caso de incluír unha consoante etimolóxica, esta tería que ser "d". De todas formas, non é labor da Galipedia andar reconstruíndo a lingua cara ao pasado. A base do problema está en que tradicionalmente Bueu, como tantas localidades de pouca entidade, carecía de xentilicio. Bueués e buenense non aparecen recollidas en ningunha obra lexicográfica nin centrada en topónimos e/ou xentilicios. Por tanto, o mellor será escoller bueués, que, malia o seu escaso uso, está creado con corrección.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.56.129.180 (conversacontribucións)

O que creo que habería que eliminar é o de "forma popular tradicional", en galego os xentilicios non son formas populares tradicionais, a forma tradicional é dicir que un é "de Bueu", "de Silleda", ou de onde sexa e non se utilizan os xentilicios, moitos de creación recente (e culta), agás os casos das cidades e algunhas vilas grandes, e algún que outro caso de localidade máis pequena nos que son si realmente populares e tradicionais.--HacheDous=0 (conversa) 15 de outubro de 2015 ás 18:40 (UTC)Responder

Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua e cultura galegas (2016), de Xosé Henrique Costas González, publicado pola Universidade de Vigo, recolle "bueués/bueuesa" e descarta "buenense" como "disparate inxustificable" (páx. 43).—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.61.190.199 (conversacontribucións)

Mapa editar

No mapa de municipios, falta por pintar de vermello a Illa de Ons, que tamén forma parte do termo municipal de Bueu.

Xa modifiquei o mapa para que aparezan as Illas Ons de vermello. Caronium (conversa) 13 de xaneiro de 2016 ás 15:21 (UTC)Responder

NÚMERO DE PARROQUIAS DE BUEU editar

Aínda que no nomenclátor figuran cinco parroquias, esta división é propia da Igrexa Católica. Esta establece, dentro do arciprestado do Morrazo, tres parroquias matrices dentro do municipio de Bueu: Beluso, Bueu e Cela. Cela incorpora unha parroquia anexa: Ermelo. A Illa non se considera parroquia e, de feito, non ten adscrito cura párroco ningún, senón que é o de Beluso o que se encarga eventualmente dos seus asuntos. http://www.archicompostela.es/arciprestazgo-de-morrazo—o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.52.188.93 (conversacontribucións) 16 de outubro de 2016 ás 17:33‎

A non ser que se indique outra cousa, nos artigos cando se fala de parroquias son de parroquias civís e que aínda que a orixe sexa a mesma que as parroquias relixiosas xa non é o mesmo. Cando se fai referencia á división dos concellos o que é competente é o Nomenclátor, se falamos de parroquias relixiosas católicas obviamente a referencia son as autoridades relixiosas.--HacheDous=0 (conversa) 16 de outubro de 2016 ás 17:54 (UTC)Responder
Segundo o nomenclátor oficial, a parroquia é a Illa de Ons (a única habitada do arquipélago) e non o conxunto de Ons, Onza e illotes. Modifiqueino.


INDUSTRIA DA CONSERVA editar

Seguramente vaia haber que ir abrindo un apartado específico para este tema, de moita relevancia en Bueu.

Volver á páxina "Bueu".