Conversa:Bacterias

(Redirección desde «Conversa:Bacteria»)
Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled editar

Creo que non se debe eliminar esta redirecció, xa que a páxina Bacteria, como se ve no cabezallo, refírese ao clado das Bacteria (plural latino de Bacterium), é dicir, quie o títuylo da páxina debería ir en plural. (Outra cousa é a que o singular do latín científico seríua bacterio, pero nisto non me meto, porque a RAG só admite bacteria (s.f.). --XoioÉche o que hai 9 de decembro de 2012 ás 17:35 (UTC)Responder

Filos bacterianos editar

Estiven facendo páxinas dos filos bacterianos. Borrei nesta páxina o filo Omnibacteria porque non aparece na lista do LPSN, que se supón que é a autoridade (e ademais ata é difícil atopar páxinas xeitosas que o mencionen en Google). Engadín os filos propostos de recente creación.--Miguelferig (conversa) 19:50, 7 de xullo de 2012 (UTC)

Borrei a palabra "oca" onde dicia que os pili sexuais eras estruturas ocas por onde as bacterias intercambiaban ADN, porque, aínda que esa é unha interpretación que se ten dado, hoxe non parece que sexa así. Os pili sexuais enganchan e achegan a outra bacteria, pero non son a ponte de transferencia do ADN, senón que despois de que están xuntas se crea un poro especial para o paso do ADN.--Miguelferig (conversa) 20:46, 14 de agosto de 2012 (UTC)

Redirección editar

Creo que non se debe eliminar a redirección BacteriasBacteria, xa que a páxina Bacteria, como se ve no cabezallo, refírese ao clado das Bacteria (plural latino de Bacterium), é dicir, quie o título da páxina debería ir en plural. (Outra cousa é a que o singular do latín científico sería bacterio, pero nisto non me meto, porque a RAG só admite bacteria (s.f.). --XoioÉche o que hai 9 de decembro de 2012 ás 17:35 (UTC)Responder

Estou de acordo con manter a redirección Bacterias, porque os nomes de taxons se poñen xeralmente en plural. Porén, só hai unha páxina (Tiburóns) que ligue con Bacterias, fronte a varios centos de páxinas que ligan con Bacteria. De todos modos esta páxina non a fixen eu, aínda que si fixen moitas modificacións. No segundo parágrafo da introdución do artigo dise que bacterias (no seu significado máis amplo) se usa como sinónimo de procariotas, e só máis tarde o termo Bacteria pasou a usarse máis restrinxidamente como denominación dun dominio de seres vivos (ao separar delas as arqueas). Por último, existiu tamén orixinalmente un xénero denominado Bacterium, aínda que despois foi eliminado e o termo bacterias usouse cun significado máis amplo.--Miguelferig (conversa) 10 de decembro de 2012 ás 13:30 (UTC)Responder

Non é de estrañar que haxa centos de redireccións a Bacteria porque este é o nome que ten o artigo. Insisto en que é improcedente (por razóns dos usos da Galipedia pero, sobre todo, poque é a adaptación dun nome latino plural, Bacteria.
Eu non toquei o texto do artigo, polo tanto non me sinto aludido pola observación de que «No segundo parágrafo da introdución do artigo dise que bacterias (no seu significado máis amplo) se usa como sinónimo de procariotas».--XoioÉche o que hai 13 de xaneiro de 2013 ás 03:50 (UTC)Responder

Por min non hai problema. Cámbialle o nome á páxina se queres e ponlle Bacterias. De paso podes botarlle unha ollada á páxina Archaea a ver que opinas. Esa páxina tampouco a fixen eu (só tiña un único parágrafo feito e tiña xa o nome posto), pero fixen eu practicamente todo o posterior desa extensa páxina (a diferenza da páxina Bacteria, na que todo estaba xa feito e eu só fixen correccións moi numerosas, decenas delas, pero mínimas, pero tocando pouco a estrutura do texto, o que se debeu a que me puxen a facer as páxinas dos distintos filos bacterianos). Probablemente o título debería ser Arqueas en vez de Archaea, porque é un taxon superior, o criterio xeral é usar neles o nome galego, e poñelo en galego non crea ningún problema (noutros casos si podería crealos; ver por exemplo a páxina Bacilli). En realidade eu son partidario de manter o nome científico nos taxóns raros (non é ese o caso de arqueas), pero son disciplinado cos criterios xerais e póñoos en galego. Ás veces teño deixado algúns taxons superiores moi raros co nome científico, porque non estaba seguro da súa tradución (Synergistetes, Chrysiogenetes, Mollicutes...). Os xéneros bacterianos déixoos sempre en latín, porque son xéneros e rara vez son coñecidos por un nome común popular ou de uso habitual.--Miguelferig (conversa) 13 de xaneiro de 2013 ás 11:36 (UTC)Responder

Finalmente, cambiei o nome da páxina ao plural.Miguelferig (conversa) 30 de abril de 2013 ás 08:49 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Bacterias. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 10:43 (UTC)Responder

Volver á páxina "Bacterias".