Conversa:Asquenací

Último comentário: hai 7 anos de HombreDHojalata no tópico Nalgunhas obras de consulta

Nalgunhas obras de consulta

editar
Enciclopedia Galega Universal
asquenasita (< epónimo Aškĕnaz) [cast:asquenazí] 1 adx Relativo ou pertencente ós asquenasitas. 2 s Individuo das familias xudías alemanas que dende o s XII se dispersaron cara a Europa do sur e do leste [...]

[...] Os asquenasitas constitúen a meirande parte do pobo xudeu [...]

[...] O alcume de asquenasita (derivado de Aškĕnaz, epónimo dunha tribo descendente de Xafet incluída na "mesa dos pobos" da Xénese) utilízase desde a Idade Media.

Diccionario enciclopédico galego universal
asquenasita 1 adx Relativo ou pertencente ós asquenasitas. 2 s Individuo das familias xudías alemanas.
Diciopedia do século 21
asquenací adx. e s. 1. (Dise do) individuo pertencente aos asquenacís. 2. m. pl. Os xudeus orixinarios de Europa central e oriental, por oposición aos sefardís ou xudeus dos países mediterráneos. 3. adx. Propio, pertencente ou relativo aos asquenacís.

--. HombreDHojalata.conversa 12 de febreiro de 2017 ás 18:50 (UTC)Responder

Volver á páxina "Asquenací".