Conversa:As Centieiras, Perlío, Fene
Xustificación do cambio de nome do lugar
editarA pesar de que tanto no nomenclátor da Xunta como no do IGE ven o nome de As Centeeiras, troqueille o nome ao de As Centieiras. Evidentemente trátase dunha errata; coñezo moi ben o lugar pois traballo no concello de Fene. No lugar está o CEIP de Centieiras (Véxase a Web do centro). Tamén na Cartografía 1:5000 de Galicia, folla 022-21 se pode ler o nome do lugar como Centieiras. --Xosé Antonio (fálame sempre) 22:32, 31 de outubro de 2012 (UTC)
- Engadín nota a pé de páxina ao respecto. --Atobar (conversa comigo) 00:17, 5 de novembro de 2012 (UTC)