Conversa:Arsenio Iglesias

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Proposta para a entrada de Arsenio Iglesias na Wikipedia editar

Olá, pois nada que creo que este artigo se devería ampliar com algumha informaçom da época de jogador de Arsenio ou algumha outra informaçom e penso que cumpre umha reelaboraçom dalgúns parágrafes que na minha opiniom tenhem um tom que non é próprio do dumha enciclopédia, ainda que comparta a visión oferecida coido que há mais de panexírico que de biográfico nalgum momento. Aqui vai umha proposta de como podería ficar:


Arsenio Iglesias Pardo (Arteixo, 1930) tamén coñecido como o Bruxo de Arteixo ou o Raposo de Arteixo foi un xogador e, posteriormente, adestrador de fútbol que estivo unido durante boa parte da súa carreira ao Deportivo da Coruña, onde conseguiu boa parte dos seus mellores éxitos. Precisamnete neste clube Arsenio se converteu nunha auténtica institución que é respetada e idolatrada por boa parte da bancada de Riazor

Arsenio Iglesias naceu un 24 de decembro de 1930 converténdose no noveno fillo dunha familia labrega da vila de Arteixo. O pequeno Arsenio axiña demostrou sentir unha grande paixón polo fútbol, paixón que o levaría finalmete a incorporarse na disciplina do Deportivo.

O seu debut na Primeira División Española produciuse na temporada 1951-1952 nun encontro que enfrentou ao Deportivo contra o FC Barcelona no campo de Las Corts. O Deportivo perdeu mais o xoven dianteiro conseguiulle marcar un gol a Ramallets. Conta a lenda que no momento de marcar o gol Arsenio colleu a bola e lle pediu desculpas ao gardamallas.

Anos despois o Real Madrid chegouse a interesar por Arsenio mais sería o Sevilla FC quen finalmente pagaría un millón de pesetas ao Deportivo polo xogador arteixán. En Sevilla e ás ordes de Helenio Herrera, que foi unha das persoas que máis o influiu na súa carreira futbolística, Arsenio chegou a xogar tres eliminatorias da Copa de Europa. Os outros dous equipos nos que xogou foron o Granada Club de Fútbol e o Real Oviedo, equipo no que deixaría o fútbol profesional como xogador na temporada 1964-1965, nun encontro contra o Athletic Club de Bilbao no que conseguiría despedirse cun gol na Catedral ante o mítico porteiro Iríbar.

Cinco anos máis tarde comezou a súa carreira coma adestrador tamén na Coruña, conseguindo na súa primeira temporada o ascenso a Primeira (temporada 1970-1971). En 1973 principiou unha das etapas máis exitosas da súa carreira, foi á frente do Hércules Club de Fútbol, equipo ao que adestrou durante catro temporadas (da 1973-1974 á 1976-1977) nas que conseguiu o ascenso e a mellor clasificación histórica daquel clube, quedando quinto na temporada 1974-1975. Estes anos de trunfos profesionais foron acompañados no persoal dunha época de fonda tristura e saudade, ao ter que vivir alonxado da súa familia, que ficou na Coruña, durante os catro que permaneceu en Alacante.

Os seguintes anos pasaría por diferentes clubes: o Real Zaragoza (ao que conseguiu ascender a Primeira na temporada 1977-1978), Burgos Club de Fútbol, Agrupación Deportiva Almería e Elche Club de Fútbol.

En 1982 Arsenio regresou á Coruña para adestrar a un Deportivo que permanecía en Segunda. Permaneceu no banquiño até a temporada 1984-1985, mais ao non conseguir o ascenso e ante as presións de certos sectores do entorno do clube decidiu abandonar o seu posto. Mais non pasou moito para que o Deportivo tivese que voltar a recurrir ao técnico que regresou na temporada 1987-1988. Foi finalmente na campaña 1990-1991 cando Arsenio conseguiu o ascenso para o Deportivo logo de varias promocións.

Na temporada de retorno do Deportivo a Primeira, o clube tivo que botar man unha vez máis da experiencia de Arsenio quen voltou para substituir a Marco Antonio Boronat e salvar ao equipo do descenso nunha épica promoción. Os seguintes anos foron os máis exitosos da súa carreira. Á frente do banquillo do Deportivo, Arsenio foi un dos artífices do coñecido como Súper Dépor, un equipo humilde que durante a primeira metade da década de 1990 chegou a contestar a hexemonía futbolística dos coñecidos como "grandes" do fútbol español. Nestes anos o Deportivo conseguiu por primeira vez na súa historia a clasificación para competicións europeas na temporada 1992-1993 (Copa da UEFA), dous subcampionatos de liga (incluíndo o da temporada 1993-1994 coñecido polo penalti errado por Djukic que impediu que o Deportido gañase a Liga) e unha Copa do Rei en 1995 que se converteu no primeiro título oficial do clube. Mais a pesar de todos estes éxitos e de que neste último ano o Deportivo se fixese campión de Copa, Arsenio sae do clube non sen certa polémica coa directiva presidida por Augusto César Lendoiro.

Mediada a temporada 1995-1996, e ante a crise interna que estaba a experimentar o Real Madrid, daquela adestrado por Jorge Valdano, a directiva do clube branco decide despedir ao técnico arxentino e chamar a Arsenio Iglesias para que se faga cargo do equipo até final de temporada. Deste xeito, o adestrador arteixán ocupouse do real Madrid durante cinco meses e, aínda que conseguiu dar algo de estabilidade ao conxunto, non puido acadar a clasificación para competicións europeas ficando a tan só dous puntos do último clasificado para a UEFA, o Club Deportivo Tenerife.

No 2005, foi designado para dirixir xunto con Fernando Vázquez o retorno da selección galega de fútbol, combinado ao que adestraron nos tres encontros disputados até o momento: o Galiza 3 - Uruguay 2 (San Lázaro, Santiago de Compostela, 25-12-2005); o Galiza 1 - Ecuador 1 (Riazor, A Coruña, 28-12-2006); e o Galiza 1 - Camerún 1 (Balaídos, Vigo, 27-12-2007).

No 2008 organizouse o I Campionato Nacional de Liga Indoor e a Copa de España de Fútbol Indoor. Con tal motivo formouse un equipo de veteráns do deportivo para competir nestes torneos no que se voltaban a encontrar ex-xogadores do clube como Fran, José Ramón, Djalminha ou Manjarín. Como non podía ser doutro xeito, Arsenio foi o encargado de adestrar ao equipo conseguindo un doblete que converte ao equipo no primeiro grande dominador da competición Indoor.

Mais alén da súa traxectoria deportiva, polo seu xeito de ser e de enfrentarse á vida, humilde e á vez espelido, Arsenio tamén representa para moitos boa parte do que se coñece por identidade galega. Converteuse tamén, co tempo, nunha figura que supera o mundo do fútbol; sendo un bo exemplo o feito de que o grupo galego Os Diplomáticos de Monte Alto lle teña dedicada unha canción: Manda Tralla (oda a Arsenio).

Tamén é de subliñar que Arsenio Iglesias é moi benquerido polo groso da prensa deportiva, cousa, con frecuencia, non demasiado doada e que probabelmente conseguíu grazas a unha actitude orixinal que fuxía dos tópicos tan repetidos no mundo do fútbol.


Ligazóns externas editar


---

  • Borrei as categorías e interwikis para que non haxa conflitos --Banjo tell me 10:31, 28 xullo 2008 (UTC)
  • Quanto se supom que é o tempo prudencial que se deve aguardar para editar formalmente? Há algumha classe de "protocolo" na wikipedia neste sentido? --Anti Cristo 14:29, 28 xullo 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Arsenio Iglesias. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de agosto de 2018 ás 08:08 (UTC)Responder

Volver á páxina "Arsenio Iglesias".