Conversa:Arcaísmo

Engadir conversa
Discussões ativas

UntitledEditar

  • Penso que avó non é forma recuperada de arcaísmo. Outra cousa é que *abuelo sexa un castelanismo moi estendido, pero a forma galega non estaba perdida. --Xoán Carlos Fraga 19:39, 4 febreiro 2007 (UTC)
  • Albéitar non aparece recollido nos dicionarios galegos aparece albeite (inda que haxa zonas de Galicia onde a forma común era albeitar) que non creo que sexa para nada unha palabra recuperada senón moi viva en certas zonas, pódese mirar por exemplo no TILG onde hai mostras dos anos 20 do século XX. Albéitar aparece no dicionario da RAE como sinónimo de veterinario e nos dicionarios portugueses figura alveitar co mesmo significado que ten a palabra galega albeite.--RNC 22:07, 22 novembro 2008 (UTC)
    • Isto que digo non valerá para o artigo porque é información propia de datos inéditos, pero "albeitar" e variantes equivalía a veterinario cando o veterinario era pouco máis que ferrador. Coa aparición da veterinaria como ciencia, con facultades e títulos, o albéitar designaba só ó práctico, particularmente o menciñeiro de animais. Unha enquisa dos anos 1960 diferenciaba claramente o albeitar=manciñeiro, do veterinario (titulado e foráneo). Hai actualmente unha resurrección do termo (por exemplo en clínicas veterinarias e título de revista profesional), pero é como chamar "A Lareira" a un restaurante ou "Casas celtas" a unha inmobiliaria. O uso en autores modernos desta forma, albéitar, obedece máis a un hiperenxebrismo que quere separarse do falso castelanismo veterinario, que a un uso real. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 22:32, 22 novembro 2008 (UTC)
Volver á páxina "Arcaísmo".