Conversa:Appenzell

Untitled editar

Xa sei que Appenzello existe, a cuestión é se ten algún tipo de recoñecemento oficial, tamén en España existe Orense pero é unha deturpación do topónimo oficial.--RNC 14:57, 17 novembro 2009 (UTC)

Como xa dixen, a situacion toponimial de ESP e de Suiza non é parella. Mentras que en Galicia a toponimia é unicamente legal en galego, en Suiza podense empregar as tres formas oficiais segundo a lingua empregada na conversa, texto etc. Engadin os termos legais en francés e italiano ca unica fin de ampliar a informarcion. Adoitase en Suiza expor os termos nas linguas oficiais da Confederacion Helvetica cando se fala dun determinado toponimo. Esta claro que en Appenzell a lingua oficial deste Canton é o aleman, non por iso o nome italiano e francés son ilegais senon que moi amplamente empregados na administracion da Confederacion. O nome italiano non é o utilizado polo Goberno do Canton de Appenzell, non ostante na lingua italiana, tamen oficial en Suiza, o nome oficial é: Appenzello e os italofonos deben utilizar o toponimo na sua forma italiana cando se expresen nesta lingua. Un galego non utiliza a forma francesa "Genève" cando fala en galego da cidade de Xenebra, senon que utiliza unha deturpacion (dirias ti) da forma oficial deste toponimo en francés, non por iso os habitantes van falar de ultraxe e violacion dos dereitos humanos por utilizarmolo termo galego "Xenebra". Un saudo. - jailender 14:01;01, 18 novembro 2009

Non se trata de opinións persoais, penso que só deben figurar os topónimos nunha localidade en determinados casos, por exemplo se teñen recoñecemento legal, se é o topónimo orixinal aínda que non sexa oficial, por motivos históricos..., se Apenzello é unha forma legalmente recoñecida en Suíza para denominar á localidade non hai problema en que figure; ao fío disto sabes quen ten as competencias para determinar a toponimia oficial en Suíza, os cantóns ou os concellos, e existe algo semellante ao noso noménclator para Suíza ou algún dos cantóns.--RNC 15:33, 18 novembro 2009 (UTC)
    • En efecto, só se pode manter o topónimo en cuestión se goza de recoñecemento oficial e vén acompañado dunha referencia sólida. Tamén, como di RNC, sería bo saber se hai algún 'noménclator' oficial suízo. Non se está pondo en dúbida ningunha opinión, pero as opinións non son fontes primaria de información, que é o único que se acepta na Galipedia para validar os seus contidos. O que se está a facer é pedir que se referencie a información, para o caso referida aos topónimos oficiais. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 15:57, 18 novembro 2009 (UTC)
Volver á páxina "Appenzell".