Conversa:Antonio Roura

Último comentário: hai 5 anos de Miguelferig no tópico Relevancia enciclopédica

Relevancia enciclopédica

editar

Norrin, non acabo de verlle a relevancia enciclopédica dos sacerdotes de parroquias galegas só polo simple feito de que foron sacerdotes. Se o sacerdote é famoso por algunha cousa que se saia do normal, escribiu algún libro ou fixo algunha acción especialmente relevante pois merecerían a súa páxina na wikipedia, por suposto, e hai exemplos diso dabondo dentro das categorías creadas de sacerdotes do século XX. Pero se fixo os labores propios da súa parroquia (dinamizar a súa parroquia, adoutrinar os fieis, arranxar o templo se había que facer algunha obra etc) e mesmo chegou a ser moi querido e lembrado entre os parroquianos por ese labor cotián, pois non me parece enciclopédico. Eu son profesor, e, postos a iso, poderiamos facer unha páxina para cada profesor (co seu currículo e as cousas máis ou menos habituais que fixera no desenvolvemento do seu labor), e metelos nas categorías de profesores do século XX ou XXI galegos. Outra cousa é que unha determinada personalidade chegase a ter un cargo de importancia, como ser bispo, cardeal, alcalde, presidente dun banco, secretario dun partido político, chegar a xogar nun equipo de sona de fútbol, escribir libros, artigos, facer unha fundación famosa, gravar discos ou mil cousas máis que se saian do normal. Pero non sendo así, é unha persoa normal que, simplemente, fixo o seu traballo.--Miguelferig (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 17:32 (UTC)Responder

Sobre a relevancia, eu entendo que é evidente que a teñen que ter no seu "campo profesional", e explícome: un sacerdote normalmente poderá ter relevancia por 20.000 cousas, pero non se pode dicir que porque sobresaira no seu traballo xa non é relevante porque era o seu traballo. Dito isto, no caso que nos ocupa deste artigo, a relevancia que eu lle vexo é polos seguintes motivos (obviamente motivos relixiosos e locais): 1) Foi confundador dunha das catro confrarías de semana santa que existen na Coruña; na cidade hai 4 confrarías, é dicir, fundou o 25% das mesmas, nunha cidade na que debe haber arredor de 25 parroquias e só 4 teñen confraría. 2) Fundou a primeira escola de teoloxía para seglares de Galicia. 3) Foi por 40 anos párroco da igrexa máis importante da cidade, ou cando menos unha das máis importantes, e levou importantes tarefas de restauración no templo (que non é templo calquera). 4) Foi o impulsor da estatua á Virxe do Carmo situada no paseo marítimo. 5) Foi arcipreste, un dos 37 que hai, nunha arquidiocese que ten arredor de 800 sacerdotes 6) Participou no Concilio Pastoral de Galicia (participaron unhas 200 persoas, e nese momento en Galicia había arredor de 7400 sacerdotes e relixiosos. Etc. Non é, evidentemente, unha personalidade de relevancia para a Igrexa universal, mais si é relevante para a Igrexa en Galicia. --Norrin (Fálame) 4 de novembro de 2018 ás 22:01 (UTC)Responder
Moi ben, a ponderación dalgunhas cousas sempre é opinable, pero algunhas desas cousas non estaban indicadas no artigo.--Miguelferig (conversa) 4 de novembro de 2018 ás 22:41 (UTC)Responder
Volver á páxina "Antonio Roura".