Conversa:A Pobra do Brollón

Último comentário: hai 3 anos de HombreDHojalata no tópico Afirmar categoricamente

Untitled editar

Non me parece serio dicir que "os da parte oriental son podsólicos e, os da occidental, seudogley", sen explicar ó lector que é iso de "podsólico" e "seudogley". Pedro --Lameiro (conversa) 23:19, 16 outubro 2007 (UTC)

Copyvio editar

A maior parte do artigo é unha tradución literal de http://www.diputacionlugo.org/html/municipios/pobradobrollon.htm. Pedro --Lameiro (conversa) 21:44, 25 marzo 2008 (UTC)

De onde se tiraron eses datos climáticos tan precisos? --Paradanta (Cóntame) 08:32, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Afirmar categoricamente editar

Imxavitooh: estou revisando o teu engadido [1] e a cita que achegas [2] e paréceme que estás a afirmar categoricamente algo que a propia fonte pon en dúbida. En todo o artigo se fala de lendas populares, mitos, tradición oral (o que lle contou a súa avoa), memoria popular, indicios, probabilidades, sospeitas...

Cítoche tan só un anaco (a letra grosa engadinlla eu):

tiveron que mudala de lugar debido aos ataques dos mouros e a unha invasión de formigas. Hai lendas semellantes noutros lugares, pero é posible que esta narración popular garde a memoria dun traslado traumático que aconteceu realmente nun pasado remoto.   Hai indicios históricos deste traslado?: Hai certos datos que foron recollidos nun documento inédito interesantísimo que encontramos no arquivo persoal do historiador Manuel Murguía, o marido de Rosalía de Castro, que hoxe é custodiado pola Real Academia Galega. Este documento foi redactado en 1866 por un tal Gerardo Valcárcel, talvez un escribán veciño de Monforte que sospeito que procedía dunha familia fidalga da localidade de Castroncelos. Para redactar este escrito probablemente usou documentos da súa familia. Valcárcel di que a antiga Pobra estaba no lugar coñecido hoxe como Santalla, antes Santa Eulalia de Rei, e que foi queimada e destruída por motivos descoñecidos. Pode que ese suceso se enmarcase nas loitas pola sucesión ao trono de Castela na Idade Media.

Penso que habería que reformular a redacción ou retirar a afirmación. --. HombreDHojalata.conversa 16 de maio de 2020 ás 10:18 (UTC)Responder

Volver á páxina "A Pobra do Brollón".