Conversa:A Nespreira, Figueroa, Abegondo

Último comentário: hai 4 anos de Mgl.branco no tópico Borrar segundo o Nomenclátor

Borrar segundo o Nomenclátor editar

Boas, este lugar non aparece no Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia aquí. Segundo a política da Galipedia (Wikipedia:Toponimia) esta páxina habería que borrala Mgl.branco. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:49 (UTC)Responder

Hai fontes que sinalan a existencia deste lugar. Wikipedia:Toponimia non indica que aparecerán na Wikipedia os lugares que aparecen no Nomenclátor, simplemente indica que os lugares que aparecen no Nomenclátor levarán como título o topónimo que aparece no Nomenclátor. --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de xullo de 2019 ás 08:07 (UTC)Responder
Xa Estevoaei, pero esas fontes non me parecen abondo para que ese sitio teña un artigo propio, penso que non se deben crear artigos de lugares que non estean como mínimo no Nomenclátor, lugares que estean nos PXOM dos concellos poden ser milleiros e non ten sentido facer un artigo para cada un deles, a maioría non terán historia propia nin nada semellante (se algún sitio ten unha relevancia enciclopédica por si mesmo, entón xa será outra cuestión que haberá que revisar nese artigo, pero este non me parece o caso). Poden citarse con esas fontes nos artigos de cada parroquia, indicando que hai outros lugares a maiores dos do Nomenclátor, pero facer un artigo para cada un deles penso que é excesivo. A maiores isto non concorda co que dicimos en Lugares de Galicia, ese artigo baséase no Nomenclátor.
Se non estades convencidos entón haberá que facer unha votación de borrado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 12:01 (UTC)Responder
A maioría dos lugares que aparecen no Nomeclátor non teñen "historia propia nin nada semellante" (?), e moitos nin sequera poboación. Este lugar concreto ten historia, pois sábese que foi creado nos anos 80 e que foi designado como núcleo recentemente. E como é iso de que "poden ser milleiros"? Son excepcións puntuais. E nin que importase o número! O outro día dicías que o dos fitos non tiña relevancia porque "son só uns fitos máis dos centos que hai polas estradas adiante" (One2 di que hai uns 300); pois igrexas hai máis de 3000 e teñen relevancia. E cantos castros, mámoas ou petróglifos pensas que hai? Pois outro tanto; e por iso, por seren "uns cantos máis dos miles que hai polos montes adiante" deixamos de citalos? E esa aldea, por ser "unha das cantas que hai polos PXOM adiante" deixamos de citala? O núcleo de poboación aparece referenciado nas fontes. Doutra banda, Lugares de Galicia di que "Segundo o Nomenclátor existen tantos lugares", pero non se indica que eses lugares citados no Nomenclátor sexan os únicos existentes en Galicia. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de xullo de 2019 ás 05:35 (UTC)Responder
Tes razón, o exemplo do número non ten importancia, o que importa realmente é a relevancia enciclopédica, non se pode comparar un petróglifo cunha urbanización de chalés... Os lugares que aparecen no Nomenclátor están aí porque, aínda que agora non estean habitados, estivérono varios centos ou miles de anos, e moitos deles seguro que tiñan festas, feiras, romarías, lugares de interese, e historia, nada que ver cunha urbanización dos anos 80 aínda que teña moitos veciños. E non estou dicindo que non se citen na Galipedia, simplemente digo que non me parece que precisen un artigo propio, poden mencionarse todos os lugares que se queiran no artigo da súa parroquia, coas referencias axeitadas, e non fai falta máis. Se algún lugar ten unha relevancia enciclopédica, por algunha circunstancia especial (por exemplo un festival musical de sona, ou eu que sei), entón si, podería facerse un artigo independente para ese lugar, mentres, eu non vexo a necesidade deste tipo de artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xullo de 2019 ás 08:29 (UTC)Responder
Entón eliminamos tamén todos os artigos de lugares dos que non hai nin coordenadas, nin poboación, nin imaxe, alén de carecer de mención a outros elementos de importancia? Por min estupendo, que hai moita broza. Pero mentres non haxa unha política sobre os criterios enciclopédicos para manter ou eliminar os centos de artigos existentes, este da Nespreira debería manterse, ao meu parecer. --Estevo(aei)fálame aquí 26 de xullo de 2019 ás 10:20 (UTC)Responder
Non..., non ten nada que ver que non teñan coordenadas, nin imaxe, iso simplemente son melloras que precisan, non hai que borralos por iso. Sempre e cando estean no Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia, aínda que non teñan poboación (actualmente). Outros lugares que non estean no Nomenclátor penso que non deben ter artigo propio a non ser que teñan unha relevancia demostrada, poden citarse, si, nos artigos das súas parroquias se teñen referencias abondo para iso.
E xa que non chegamos a porto, penso que o mellor é facer unha votación de borrado, paréceche ben? Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de xullo de 2019 ás 11:22 (UTC)Responder
Ola, comento o motivo de que tivese creado esta páxina: decidide o que vos pareza o mellor. A Nespreira era un microtopónimo de varias parcelas que nos últimos PXOMs (arestora anulados por sentencia xudicial do TSXG...) lle deu nome a un núcleo poboacional relativamente novo (anos 80 apróx.). En planeamentourbanistico.xunta.es pódese ver cando se recolle etc. Na miña opinión, e como dicides, aínda non está recompilado polo Nomenclator nin polo INE/IGE. Agora ben, tede en conta que os PXOMs apróbanse na cámara municipal e referéndanse trala súa publicacións nos BOP e o DOGa (vd. implicación lexislativa). É por iso que na súa hora lle vin interese en crear a súa páxina propia: é un núcleo poboado significativo na parroquia. E p.ex., outro lugar máis histórico pero con pouca poboación, como a Fraganova, non o creei. Por outra banda, o Nomenclator leva tempo sen ver nin unha soa actualización (10 anos?? e segue tendo graves deturpacións...) nin en ser ampliado. Por experiencia noutro campo, dígovos que 1) hai centos de núcleos históricos e non históricos que non están recollidos nel e que 2) crearlles unha páxina permite ligalos a mapas abertos e que esa metainformación que aquí creamos a poidan empregar aplicacións, lle permita unha minería de datos/análises espaciais... a entidades como gobernos etc. Xa diredes :) Mgl.branco (conversa) 5 de agosto de 2019 ás 21:12 (UTC)Responder
Volver á páxina "A Nespreira, Figueroa, Abegondo".