Conversa:A Internacional

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled

editar

Ola. Quería preguntar de onde sae esta versión da Internacional, porque non coincide nin coa versión orixinal francesa, nin tampouco coa española ou coa portuguesa.--Rosamf 12:35, 26 de agosto de 2010 (UTC)

A verdade é que eu tampouco sei de onde sae. Nalgures ten que estar este himno publicado en galego, e a páxina debería adaptarse a esa publicación. --Alberte Si, dígame? 16:26, 26 de agosto de 2010 (UTC)
Editeina e puxen a versión que empregan as organizacións comunistas galegas. Tamén a emprega Erguer - Estudantes da Galiza. Coegho (conversa) 9 de xullo de 2016 ás 22:14 (UTC)Responder

Letra incorrecta

editar

Por que non deixan de revertir os meus cambios? Estou 100% seguro de que esta estrofa está mal:


'O día que o triunfo alcancemos,

nin escravos, nin donos haberá,

os odios que o mundo envelenan,

o punto se extinguirán.'


A versión correcta, tal e como a cantan en todas as organizacións proletarias galegas, é esta:

'Non hai salvadores supremos

nen rei, nen tribuno nen deus.

Temos que salvarnos nós mesmos,

o povo traballador.'

--Coegho (conversa) 21 de agosto de 2016 ás 22:22 (UTC)Responder

Para que se manteñan os cambios debes achegar referencias, Coegho debes consultar a páxina Wikipedia:Citar as fontes para ver como facelo. Se precisas axuda non dubides en contactar comigo na miña páxina de conversa. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de agosto de 2016 ás 23:21 (UTC)Responder
Vale, intentarei atopar algún documento no que apareza reflectida entón. Grazas pola resposta, e un saúdo. --Coegho (conversa) 27 de agosto de 2016 ás 16:29 (UTC)Responder
Polo de pronto atopeina en Wikisource: A Internacional en galego
Tamén neste blogue da CIG: http://cigalcoacoruna.blogspot.com.es/2011/06/reduccion-ste-plantilla.html e neste pdf do Encontro Irmandiño: http://www.encontroirmandinho.org/pdf/DOSIER_ROLDA.pdf --Coegho (conversa) 27 de agosto de 2016 ás 16:40 (UTC)Responder
Coegho acabo de cambiala engadindo a referencia, grazas pola túa busca de información. Como nota coméntoche que os outros artigos e páxinas dos proxectos wikimedia non son referencias válidas xa que non son fontes primarias, as referencias correctas son as que directamente mostran a información, engadirei esta referencia tamén á páxina de wikifontes. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2016 ás 23:03 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en A Internacional. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de agosto de 2018 ás 20:38 (UTC)Responder

Volver á páxina "A Internacional".