Erguer - Estudantes da Galiza

organización estudantil galega

Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.

Erguer
TipoSindicato estudantil
Data de fundación5 de marzo de 2016
PaísEspaña
Na rede
http://erguer.gal/gl/
Facebook: erguergaliza Instagram: erguergaliza Youtube: UCcr33NXAArfvqIwW4C_AdXg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi fundada o 5 de marzo de 2016 nunha Asemblea Nacional Constituínte[1] que tivo lugar no Colexio de Fonseca de Santiago de Compostela, baixo o lema "Libera e transforma Galiza desde as aulas". Esta asemblea naceu polas discrepenacias e rompendo coas Asembleas de Base que se estaban a celebrar por toda Galiza e que buscaban a creación dunha organización estudantil única e galega.

Trala súa constitución, a súa primeira acción pública foi a de convocar unha folga estudantil en toda Galiza para o 13 de abril dese mesmo ano.[2]

Composición editar

O estudantado incorporado ao proceso a través destas asembleas abertas pasou a constituír Erguer xunto a membros das organizacións estudantís nacionalistas AGIR, Comités e a Liga Estudantil Galega, que pasaron a disolverse e integrárense na nova organización[3].

Notas editar

  1. Rodil, Olalla (4 de marzo de 2016). "O movemento estudantil nacionalista únese". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  2. ""A derogación da LOMCE non debe ser negociable"". elcorreogallego.es (en castelán). 17-3-2016. Arquivado dende o orixinal o 16-10-2019. Consultado o 16-10-2019. 
  3. Obelleiro M., Ares, D. (6 de marzo de 2016). "Nace Erguer, a organización que une o estudantado nacionalista". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar