Conversa:A Cancela Abrea, Dodro, Dodro
O artigo feminino precede ó topónimo
editarO topónimo Cancela Abrea vai sempre precedido do artigo determinado feminino, como recolle Manuel Lorenzo Baleirón no seu libro Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga[1] e aparece tamén así no portal Toponimia de Galicia[2]. --Dodro (conversa) 28 de novembro de 2016 ás 22:15 (UTC)
- É curioso que no Nomenclátor non aparece o lugar para nada... O IGE tamén recolle "A Cancela Abrea". @Estevoaei: que opinas, movémolo? Todo indica que debería facerse. ☣Banjo tell me 28 de novembro de 2016 ás 22:30 (UTC)
- Dunha banda, cando Usuario:Dodro creou o artigo fíxoo sen artigo no título pero con el no cabezallo. En teoría o artigo debería eliminarse posto que para crear artigos de aldeas nos cinguimos ao Nomenclátor, mais como aparece recollido no IGE supoño que esta é unha referencia oficial válida. Penso que debe moverse, xa que logo, e eliminar o título actual.
Vou escribir á Asociación Galega de Onomástica (AGON), creo que estaban a actualizar o Nomenclátor da provincia da Coruña. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2016 ás 23:33 (UTC)- Feito! Deixei tamén a redirección. Quedamos á espera logo de que vaian actualizando o Nomenclátor. Grazas! ☣Banjo tell me 29 de novembro de 2016 ás 06:52 (UTC)
- Dunha banda, cando Usuario:Dodro creou o artigo fíxoo sen artigo no título pero con el no cabezallo. En teoría o artigo debería eliminarse posto que para crear artigos de aldeas nos cinguimos ao Nomenclátor, mais como aparece recollido no IGE supoño que esta é unha referencia oficial válida. Penso que debe moverse, xa que logo, e eliminar o título actual.
Referencias
- ↑ Lorenzo Baleirón, Manuel (2008). Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga. p. 75.
- ↑ "Buscador". Toponimia de Galicia.
Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en A Cancela Abrea, Dodro, Dodro. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20120828195921/http://toponimia.xunta.es/Buscador á ligazón http://toponimia.xunta.es/Buscador
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de decembro de 2019 ás 20:09 (UTC)