A Cancela Abrea, Dodro, Dodro
A Cancela Abrea[1][2] é un lugar do concello de Dodro, pertencente á parroquia de Dodro. A súa poboación no ano 2015 era segundo o IGE de 69 persoas; 33 homes e 36 mulleres.
A Cancela Abrea | |
---|---|
A Cancela Abrea en maio de 2014. | |
Parroquia | Dodro |
Concello | Dodro |
Coordenadas | 42°43′16″N 8°40′54″O / 42.721166666667, -8.68175 |
Poboación | 62 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Etimoloxía
editarCancela (do latín cancelli) canceleira, celosía. Abrea (do latín vereda); verea, sendeiro, camiño[3][4], que á súa vez procede da palabra céltica veredu; cabalo de posta.
A Cancela Abrea é cancela da verea, do camiño, vereda en latín, do galo veredu; "cabalo de posta". É nome case sempre asociado á rede viaria romana ou medieval e designaba o camiño público polo que circulaban as postas ou "veredi". No Vocabulario de José Santiago Crespo Pozo brea é "camiño real antigo"[1].
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Lorenzo Baleirón, Manuel (2008). Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga (pdf). p. 75.
- ↑ "Buscador". Toponimia de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2012. Consultado o 28 de novembro de 2016.
- ↑ Cabeza Quiles, Fernando. Sobre o topónimo Brea (pdf).
ó cal se refire o topónimo, a saber: antigas vereas, isto é camiños
- ↑ Trapero Pardo, Xosé. ‹‹A Brea›› en la Toponimia Lucense.
parece deducirse que brea equivale a verea ou camiño público [...] o topónimo correspondese con [...] lugares onde existiu, ou existen aínda restos dunha calzada
Lugares e parroquias
editarLugares de Dodro
editarLugares da parroquia de Dodro no concello coruñés de Dodro | |
---|---|
A Igrexa | A Cancela Abrea | Dodriño | Lestrobe | Revixós | Susavila | Vigo |
Parroquias de Dodro
editarGalicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Dodro | |
---|---|
Dodro (Santa María) | Laíño (San Xián) | San Xoán de Laíño (San Xoán) |