Conversa:Óscar ó mellor filme internacional

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020)

Títulos editar

Na segunda columna aparecen os títulos das películas en inglés. Coido que sería preferible que aparecesen os títulos orixinais se non hai título galego, pois resulta paradóxico que por exemplo ao picar The bicycle thief vaia a páxina Ladri di biciclette.--Jglamela (conversa) 7 de setembro de 2013 ás 18:20 (UTC)JglamelaResponder

  Concordo. Se non se traduciu o filme ao galego utilízase o nome orixinal. --JaviP96 7 de setembro de 2013 ás 19:33 (UTC)Responder
O artigo fala do Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa, e, precisamente, neste caso e dende ese punto de vista, a academia refírese ás películas primeiramente polo título en inglés [1]. Inmediatamente, na columna seguinte, damos o título orixinal, así que para min está ben. --. HombreDHojalata.conversa 7 de setembro de 2013 ás 21:07 (UTC)Responder
Comprendo que o lóxico sería que aparecese o título na lingua orixinal, pero creo que neste caso débese poñer en inglés debido a dúas cousas. A primeira é que foron nomeadas ou premiadas baixo o seu nome traducido ó inglés. Poñendo un exemplo de ata que punto é importante isto, un filme como o dinamarqués Hævnen (2010) que foi premiado baixo o nome In a Better World, é coñecido internacionalmente na forma inglesa, e con toda probabilidade, de facerse unha dobraxe ó galego tomaríase como base a tradución americana, dando lugar a algo así como Nun mundo mellor, e non a Vinganza nunha tradución literal de Hævnen. A segunda razón é que para a busca dalgúns filmes nesta lista é necesaria a referencia do nome inglés, porque nalgunhas formas orixinais (en chinés, hebreo, árabe) serían moi difíciles de identificar. --Breogan2008 (conversa) 8 de setembro de 2013 ás 15:59 (UTC)Responder
Non ten ningún sentido poñer os títulos segundo o idioma do lugar sobre o que trate o artigo, que poñemos, neste artigo o nome en inglés, se os premian en Francia o nome en francés, se os premian en España o nome en español... estas películas non tiveron só repercusión nos oscars, a maioría foron galardoadas en varios países, ou é que La historia oficial gañou o premio á mellor película nos Premios Cóndor de Plata, The Official Story gañou o Oscar ó mellor filme en lingua non inglesa, Die offizielle Geschichte gañou o Premio Otto Dibelius no Festival de Berlín, L'Histoire officielle gañou o premio á mellor actriz e foi candidata á palma de ouro no Festival de Cannes e La storia ufficiale gañou o premio á mellor actriz nos David di Donatello; non, só foi un único filme chamado La historia oficial, a falta dunha estrea en galego. Ademais se nun futuro se traduce ao galego a partir do nome en inglés, pois ponse o nome en galego, pero non se pode xustificar non poñer o nome na lingua orixinal por unha suposición. --JaviP96 9 de setembro de 2013 ás 13:00 (UTC)Responder
Eu dixen iso poñéndome na pel dalguén que busca un filme concreto nesta lista sen ter a referencia do nome en galego (que non a hai porque non a podemos inventar). Entendo que isto non suporía un gran inconveniente se se tratasen só de filmes en linguas da nosa contorna que nos son máis familiares. Pero tendo en conta que nesta lista inclúense títulos de todo o mundo, habería máis problemas para recoñer os filmes asiáticos (por poñer un exemplo) só polo seu nome orixinal. A miña intención era facer a busca o máis doada posible. Por suposto, estou totalmente de acordo coa norma de que se non se traduciu o filme ao galego, nos títulos dos artigos débese empregar o orixinal (que xa aparece na terceira columna). Pero de facer unha aplicación estrita desa norma o único filme que non tería o mesmo nome nas dúas columnas é Yīng xióng (Heroe (filme), 2002). De facelo dese xeito o lóxico sería a desaparición dunha das columnas, e iso restaríalle utilidade ó artigo. --Breogan2008 (conversa) 9 de setembro de 2013 ás 15:59 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (xaneiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de xaneiro de 2020 ás 09:30 (UTC)Responder

Volver á páxina "Óscar ó mellor filme internacional".