Contos de Toquio

filme de 1953 dirixido por Yasujiro Ozu

Contos de Toquio (東京物語 Tōkyō Monogatari?), tamén coñecido como Viaxe a Toquio,[1] é un filme dramático xaponés dirixido por Yasujirō Ozu que se estreou en 1953. Está protagonizado por Chishū Ryū e Chieko Higashiyama.

Contos de Toquio
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinal東京物語
Tōkyō Monogatari
DirectorYasujirō Ozu
ProdutorTakeshi Yamamoto
GuiónKōgo Noda
Yasujirō Ozu
IntérpretesChishū Ryū
Chieko Higashiyama
Setsuko Hara
MúsicaKojun Saitō
FotografíaYūharu Atsuta
MontaxeYoshiyasu Hamamura
EstudioShochiku
Estrea3 de novembro de 1953
Duración136 minutos
Orixe Xapón
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0046438 Filmaffinity: 911508 Allocine: 986 Rottentomatoes: m/tokyo_story Allmovie: v50260 TCM: 93512 Metacritic: movie/tokyo-story TV.com: movies/tokyo-story Netlix: 60031727Editar o valor em Wikidata

Ozu e o guionista Kōgo Noda escribiu o guión en 103 días e está baseado vagamente no filme estadounidense de 1937 Make Way for Tomorrow, dirixido por Leo McCarey. Noda primeiro suxeriu adaptar o filme, que Ozu non vira. Ozu empregou moitos membros dos elencos e técnicos cos que traballara durante anos. Estreado no Xapón en 1953, non tivo recoñecemento internacional inmedianto e foi considerado "demasiado xaponés" para os exportadores. Estreouse en Londres en 1957 e gañou o trofeo Sutherland o ano seguinte, recibindo eloxios dos críticos estadounidenses trala súa estrea en Nova York en 1972.

Contos de Tokio está recoñecida como a obra mestra de Ozu e adoita ser citada como un dos mellores filmes da historia. En 2012, foi votado como o mellor filme de todos os tempos nunha enquisa entre directores realizada pola revista Sight & Sound.

Estreouse en galego o 6 de marzo de 2004 a través da TVG.[1]

Argumento editar

Uns pais anciáns, orixinarios de Onomichi, no Xapón rural, visitan os seus fillos residentes en Toquio, mais son rexeitados en certa maneira polos seus fillos, que están moi ocupados para prestarlles atención. Con todo, a actitude contrasta co comportamento da súa nora viúva, que os trata con afecto. A humanidade evoluciona tan rapidamente que entre as xeracións se orixina un abismo que as mantén incomunicadas entre si.

Personaxes editar

  • Chishū Ryū como Shūkichi Hirayama (平山 周吉 Hirayama Shukichi?)
  • Chieko Higashiyama como Tomi Hirayama (平山 とみ Hirayama Tomi?)
  • Setsuko Hara como Noriko Hirayama (平山 紀子 Hirayama Noriko?)
  • Haruko Sugimura como Shige Kaneko (金子 志げ Kaneko Shige?)
  • So Yamamura como Kōichi Hirayama (平山 幸一 Hirayama Koichi?)
  • Kuniko Miyake como Fumiko Hirayama (平山 文子 Hirayama Fumiko?)
  • Kyōko Kagawa como Kyōko Hirayama (平山 京子 Hirayama Kyoko?)
  • Eijirō Tōno como Sanpei Numata (沼田 三平 Numata Sanpei?)
  • Nobuo Nakamura como Kurazō Kaneko (金子 庫造 Kaneko Kurazo?)
  • Shirō Ōsaka como Keizō Hirayama (平山 敬三 Hirayama Keizo?)
  • Hisao Toake como Osamu Hattori (服部 修 Hattori Osamu?)
  • Teruko Nagaoka como Yone Hattori (服部 よね Hattori Yone?)
  • Mutsuko Sakura como patrón do restaurante Oden
  • Toyo Takahashi como veciño de Shūkichi Hirayama
  • Tōru Abe como empregado de ferrocarrís

Notas editar

  1. 1,0 1,1 La Voz de Galicia, 6 de marzo de 2004. Páx. 71

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar