Constantino Añel González

comerciante, xornalista e político galego

Constantino Añel González, nado en Reádegos (Vilamarín) cara a 1875 e finado en Ourense en marzo de 1970, foi un comerciante, xornalista e político galego.

Infotaula de personaConstantino Añel González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1875 Editar o valor em Wikidata
Reádegos, España Editar o valor em Wikidata
Mortemarzo de 1970 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , xornalista , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Emigrou a Cuba sendo mozo, e foi representante distribuidor de Bodegas Gallegas. Pertenceu ás directivas das sociedades Progreso de Coles, La Peña Gallega, Beneficencia Gallega e do Centro Gallego de La Habana; fundou as sociedades de instrución Alianza de Villamarin en La Habana e Hijos de Readigos. Impulsou a creación da Caja de Ahorros de los socios del Centro Gallego. Colaborou en Follas Novas.

Retornado a Ourense cara a 1917, foi correspondente de Eco de Galicia en Ourense.[1] Foi membro da Liga de Amigos, concelleiro de Ourense e primeiro tenente alcalde en 1927; na Segunda República formou parte do comité provincial de Acción Popular e foi fundador da Caixa de Aforros Provincial de Ourense.

No franquismo foi vicepresidente da Cámara da Propiedade, membro do Orfeón Unión Orensana, da Asociación da Prensa e do Liceo Recreativo. Finou en Ourense a principios de marzo de 1970.[2]

Vida persoal editar

Foi pai de Maruchi e Constantino Añel de la Fuente.

Notas editar

  1. Eco de Galicia, 10-5-1925, p. 22.
  2. El Pueblo Gallego, 3-3-1970, p. 2.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar