Conservatorio Profesional de Danza da Coruña

Coordenadas: 43°22′15″N 8°23′50″O / 43.37083, -8.39722

O Conservatorio Profesional de Danza da Coruña é unha institución de ensino de danza da cidade da Coruña. Foi fundado en 1990, é de titularidade provincial, e a súa especialidade é a danza clásica.

Conservatorio Profesional de Danza da Coruña
Datos xerais
LocalizaciónA Coruña, Galiza Galiza
Datos actuais
Datos de contacto
EnderezoR/ Franxa, 14
15003 A Coruña
Páxina webwww.dicoruna.es/conservatorio-danza/gl
editar datos en Wikidata ]

O Conservatorio Profesional de Danza da Deputación de Coruña foi creado en 1990 baixo a dirección de Luciano Gómez para ofrecer á mocidade que o demandaba unha formación regulada que ata aquela non existía na cidade da Coruña.

A especialidade do centro é a danza clásica, como actividades, o Conservatorio celebra espectáculos de danza con repertorio clásico e contemporáneo, e o seu alumnado participa asiduamente en concursos e festivais nacionais e internacionais.

Ao longo da súa historia aldúns dos seus alumnos obtiveron importantes distincións, gañando primeiros premios en distintos concursos de danza a nivel nacional, e algúns dos bailaríns formados na institución estiveron ou están hoxe en importantes compañías de danza como o Ballet de la Comunidad de Madrid, o Ballet de Carmen Roche, o Ballet da Ópera de Múnic, o Ballet de Lisboa, o Ballet de Ángel Corella, a Hubbard Street Dance de Chicago, Tulsa Ballet (Oklahoma), entre outras.

Cada ano a Deputación da Coruña outora bolsas aos novos valores artísticos da provincia e nas que hai un apartado especificamente dedicado á danza.

Casa Martelo editar

A sede do Conservatorio está localizada na Casa Martelo, no barrio da Pescadería. É un edificio de estilo barroco do século XVIII, que pertenceu á familia Martelo ata 1975 en que o permutaron por un terreo do concello. O ano seguinte comprouno a Deputación da Coruña.[1]

O pazo ten baixo, dous andares e ático, con balcóns nos dous andares.[2] As bufardas puideron ser engadidas posteriormente, igual que o escudo do século XIX. A sinxela fachada contrasta coa barroca escaleira de pedra interior.[3][4]

Notas editar

  1. Una terna de edificios emblemáticos
  2. Ficha Arquivado 05 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Turgalicia
  3. Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña. 
  4. PEPRI

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar