Conrado Paz

futbolista galego

Conrado Paz Fernández, nado en Ribadeo o 22 de abril de 1932 e finado en Porto Rico o 14 de xaneiro de 2011, foi un futbolista galego. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección cubana.

Conrado
Información persoal
Nome Conrado Paz Fernández
Nacemento 22 de abril de 1932
Lugar de nacemento Ribadeo
Falecemento 14 de xaneiro de 2011
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1950–1957 Ribadeo
1957–1961 Deportivo Huracán
Selección nacional
1960–1961 Cuba 8
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol na súa vila natal e xogou co primeiro equipo do Ribadeo FC dende 1950. Entre finais de 1955 e comezos de 1956 estivo a proba no Real Oviedo e no Deportivo da Coruña, pero continuou no equipo da Mariña ata 1957. [1][2][3]

En 1957 emigrou a Cuba, onde estaba a súa moza, Jesusa Gil, filla dun catalán e unha monfortina.[4] Na Habana traballou nunha compañía farmacéutica e xogou no Deportivo Huracán. En 1961 volveu con Jesusa a Ribadeo, e pouco despois instaláronse en Nova York, onde Conrado traballou nunha empresa de pintura e decoración. En 1966 mudáronse para San Xoán, en Porto Rico, montando alí unha panadería chamada La Paz e anos despois outra chamada La Coruña.[4]

Selección cubana editar

Durante a súa estancia en Cuba foi convocado pola selección cubana, coa que disputou 8 encontros e á que representou nas Copas CCCF de 1960 e 1961.[5][6]

Vida persoal editar

Casou en 1959 en Cuba con Jesusa Gil. En 1964 naceu en Nova York a súa primeira filla, Lizette, e en 1968 en Porto Rico o segundo, Ricardo.[4] Faleceu en Porto Rico o 14 de xaneiro de 2011.

Notas editar

  1. "Un jugador del Ribadeo al Oviedo". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de novembro de 1955. p. 6. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  2. "Conrado ha sido reclamado por el R.D. La Coruña". El Progreso (en castelán). 11 de decembro de 1955. p. 4. Consultado o 26 de abril de 2021. 
  3. "Hidalgo regresa a Cataluña". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de febreiro de 1956. p. 4. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Fernández, Martín (2 de agosto de 2020). "Conrado y Basanta, dos futbolistas mariñanos en la Selección de Cuba". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  5. "Copa CCCF 1960". rsssf.com (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2021. 
  6. "Copa CCCF 1961". rsssf.com (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2021.