Conidioma

corpo frutífero asexual que contén conidios

En ficoloxía denomínase conidioma ao corpo frutífero asexual que contén conidios,[1]característico dos Deuteromycota.[2][3][4]

Conidioma (Debuxo de 1897)

Trátase dunha estrutura na que aparcen agrupados os conidios dalgúns fungos imperfectos (antigamente chamados "fungos anamorfos").[5]

Etimoloxía

editar

O termo está formado sobr e a raíz conidi- de conidio, coa adición do sufixo -oma, tirado de grego antigo -ωμα -ōma, que, no latín científico expresa a idea de "vulto".[4]

Este neoloxísmo comezou a usarse na década de 1970.[4]

Reprodución asexual dos fungos

editar

A reprodución asexual dos fungos efectúase nas seguintes fases:[6]

  • Fragmentación do micelio.
  • Xemación.
  • Blastósporas: esporas que multplican aos fungos por xemación, como as dos lévedos.[7]
  • Clamidósporas: esporas formadas no interior dunha célula e que, á parte da súa membrana propia, está recuberta pola da súa célula nai.[8]
  • Conidios: moi variábeis en forma, producidos por:
    • Hifas somáticas.
    • Hifas conidiofóricas: con células conidióxenas (produtoras de conidios), que poden aparecer:
      • De forma independente.
      • Formando estruturas complexas:
        • Sinemas: grupos de conidióforos unidos formando unha estrutura alongada, frecuentemente ramificados na parte superior.
        • Esporodoquios: conidióforos que xorden dun estroma central en forma de almofadiña, máis empaquetados e curtos que nos sinemas.
        • En corpos frutíferos: conidiomas.

Tipos de conidiomas

editar

Recoñécense os seguintges tipos de conidiomas:[5]

  • Conidiomas hifais. Denomínase así aos conidióforos que aparecen illados. (Realmente non se trata de conidiomas stricto sensu).
  • Sinemas. Conidióforos unidos a modo de penacho ou como as serdas dun pincel. (Tampouco son conidiomas stricto sensu: non son "corpos frutíferos").
  • Esporodoquios. Formados por conidióforos curtos, unidos de forma máis compacta que a anterior, ás veces dispostos sobre un estroma e que adoptan un aspecto almoafillado. (Tampouco son conidiomas stricto sensu: non son "corpos frutíferos").
  • Picnidios. Conidiomas perchados, globosos ou en forma de botella, abertos por un ostíolo e cheos de conidios.
  • Acérvulos. Conidiomas inmersos nun hospedeiro, e que consisten nun estroma plano sobre o que se dispoñen conidióforos curtos o células conidióxenas de forma similar ás candeíñas dunha torta de aniversario. A presión dos conidios ao creceren rompe a epiderme do hospedeiro.
  • Conidiomas acopados. Son conidiomas superficiais, en forma de cunca, normalmente rodeados de pelos.
  • Picnotirios. Conidiomas en forma de escudo, cos conidios debaixo.
  • Conidiomas estromáticos. Conidiomas nos que, pola súa forma, non poden incluírse nos grupos anteriores.

Importancia dos conidiomas na propagación dos axentes patóxenos das plantas

editar

A conidioxénese é un importante mecanismo de propagación dos axentes patóxenos das plantas. Nalgúns casos, baixo a pel da planta hóspede fórmanse estruturas especializadas de frutificación macroscópica de aproximadamente 1 mm de diámetro que conteñen masas de conidios e logo erupcionan a través da superficie e permiten a distribución das esporas polo vento e a chuvia. Unhas destas estruturas son os conidiomas.[3]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para conidio.
  2. conidioma Glosarios. Biologia vegetal, en alicante.com (en castelán).
  3. 3,0 3,1 d'Arcy (2001). "Illustrated Glossary of Plant Pathology". The Plant Health Instructor. 
  4. 4,0 4,1 4,2 conidioma no Oxford English Dictionary.
  5. 5,0 5,1 Filo Ascomicota Universidad de Almería (en castelán).
  6. Ascomycota. Reproducción asexual en plantasyhongos.es (en castelán).
  7. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3, p. 143.
  8. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3, p. 230.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar