Congresos de Velehrad

Os congresos de Velehrad foron unha serie de congresos internacionais celebradas en 1907, 1909, 1911, 1924, 1927, 1932 e 1936, dedicados á cuestión da unificación ecuménica dos cristiáns (principalmente dos pobos eslavos). Foron celebrados na vila de Velehrad (entón en Checoslovaquia), lugar de enterramento de san Metodio. Nos congresos de Velehrad participaron teólogos católicos e ortodoxos, investigadores da historia da Igrexa, e dirixentes eclesiásticos. Discutíronse as cuestións da unificación das igrexas católicas e ortodoxas e as relacións entre elas. O iniciador, coorganizador e presidente dos tres primeiros congresos foi o metropolita Andrei Sheptytskyi. O idioma oficial dos congresos era o latín, e os materiais do congreso se publicaron na revista teolóxica Slavorum literae theologicae.

Participantes editar

No primeiro congreso, en xullo de 2007, participaron 76 teólogos, a maioría deles eslavos e todos católicos.[1]

O segundo congreso (1909) foi presidido polo metropolita de Lviv Andrei Sheptytskyi e polo arcebispo de Olomouc Franziskus von Sales Bauer, e na asemblea participaron 160 teólogos. Entre os participantes se pode mencionar ao liturxista ortodoxo Aleksei Maltsev, a Antonín Cyril Stojan, Franc Grivec, Adolf Špaldák, Aurelio Palmieri, Jan Urban, Albert Gratieux, Vasile Suciu, Martin Jugie, Sévérien Salaville, Germain Reydon, Anton Straub, Svetozar Rittig, Nicola Franco e Marian Zdziechowski.[1]

O terceiro congreso, en 1911, foi presidido polo arcebispo Antonín Cyril Stojan, e nel participaron 140 congresistas, entre eles se pode sinalar a: o bispo Epifaniy Shanov, Leonid Fedorov, Aurelio Palmieri, Michel d'Herbigny, Gyula Hadzsega, Metodiy Ustichkov, Christophe Portalier, Arsenio Pellegrini, Janko Šimrak e Giuseppe Alloatti.[2]

No IV congreso (1924) participaron 380 persoas, procedentes de 16 países. Entre os participantes se pode sinalar aos seguintes: Francesco Marmaggi (nuncio en Checoslovaquia), Leopold Prečan (arcebispo de Olomouc), Yosafat Kotsylovskyi (bispo de Przemyśl), Augustín Fischer-Colbrie (bispo de Košice), Michel d'Herbigny, Franc Grivec, Josef Vajs, Gyula Hadzsega, Gleb Verkhovskii, Stjepan Krizin Sakač, Damian Gyulov, František Dvorník, Ihor Kostiantynovych Loskyi, Hilarión Gil, Karol Kmeťko, Romuald Souarn, Nikola Dobrečić, Eduard von der Ropp, Jan Urban, Sévérien Salaville, Henri-Jean Omez e Christophe-Jean Dumont.[3][4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Goudal, E. (1909). "Le IIe Congrès de Vélehrad". Revue des études byzantines 12 (79): 362–364. doi:10.3406/rebyz.1909.3821. 
  2. Jugie, Martin (1911). "Le troisième Congrès de Vélehrad" [O terceiro Congreso de Velehrad]. Échos d'Orient (en francés) 14 (90): 308–311. 
  3. Quénet, Charles (1924). "Le IVe Congrès de Velehrad (31 juillet-3 août 1924)" [O IV Congreso de Velehrad (31 de xullo-3 de agosto de 1924)]. Échos d'Orient (en francés) 23 (136): 479–498. 
  4. Fouilloux, Étienne (11 de xaneiro de 2018). "DUMONT Christophe". Dictionnaire biographique des frères prêcheurs Dominicains des provinces françaises (XIXe-XXe siècles) (en francés) (IMM-EHESS - Institut Marcel Mauss, Centre d'études des mouvements sociaux). ISSN 2431-8736. Consultado o 12/11/2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar