Conflito das Encrobas

O conflito das Encrobas foi un conflito social e revolta agraria que tivo lugar na parroquia das Encrobas (Cerceda) nos anos finais do franquismo.[1][2]

Central térmica de Meirama.

O conflito comezou a raíz do plan da empresa Unión Fenosa de explotar un depósito de lignito que se atopaba baixo a parroquia, e que o Consello de Ministros franquista declarou de interese público, autorizando a expropiación forzosa dos terreos se non houbese acordo. As accións organizadas dos veciños contra eles obtiveron unha ampla notoriedade nos medios e apoio popular na Galicia da época, e alcanzaron o seu punto álxido nos enfrontamentos cos gardas civís en febreiro de 1977.[1][3]

Despois dunha fase de negociación entre a empresa e algúns dos veciños, e de novos enfrontamentos, o terreo foi finalmente ocupado en marzo dese ano para crear unha mina e unha central térmica, pechadas nos anos 2007 e 2020, e a maioría da parroquia abandonou as súas casas.[4][5] O conflito e as fotografías do mesmo do fotoxornalista Xosé Castro foron consideradas unha imaxe destacada das loitas campesiñas e democráticas da Transición en Galicia.[6][7][8][9][10]

Historia editar

Comezo do conflito editar

En 1975, a empresa Unión Fenosa anunciou os seus proxectos de explotación dun xacemento subterráneo de lignito pardo que se atopaba baixo parte da parroquia das Encrobas. O procedemento para acceder a ela sería a extracción ao aire libre, o que requiría a expulsión dunhas catrocentas familias campesiñas.[11]

En xullo dese ano, o Consello de Ministros de España, presidido por Francisco Franco, declarou o proxecto de interese público e aprobou un mecanismo polo que a empresa tería dereito á expropiación forzosa mediante un procedemento de urxencia en caso de non chegar a acordos coas persoas afectadas.[12] Os intentos de ocupación dos terreos por parte do persoal da empresa co apoio da Garda Civil provocaron diversos enfrontamentos cos campesiños, que realizaron accións organizadas con gran visibilidade nos medios de comunicación.[13][14][15] No proceso de organización, que se iniciou de xeito autónomo, xogou un papel destacado o sindicato Comisións Labregas e o crego Moncho Valcarce.[16][13][17]

Enfrontamento de febreiro de 1977 e negociación editar

En febreiro de 1977 produciuse o último e máis coñecido intento de ocupación por parte de Unión Fenosa, que desencadeou un intenso enfrontamento cos veciños e diversas agresións e detencións.[18][19][20] As fotografías do fotoxornalista Xosé Castro do momento, que mostraban ás mulleres na primeira liña da protesta e enfrontándose a gardas civís armados, tiveron gran repercusión en Galicia e convertéronse nunha imaxe destacada das loitas campesiñas e democráticas da Transición.[21][22][23][24][2][25]

O alcance social do conflito, que tivo presenza na prensa estatal e un apoio xeneralizado aos campesiños afectados, facilitou a Fenosa a renuncia á expropiación e a apertura dun proceso de negociación.[26][27][28][29] De forma progresiva, foi chegando a un acordo de venda por un prezo moi superior con distintos veciños, que tamén incluían pensións e postos de traballo.[30] Ante a resistencia dalgúns veciños, o conflito continuou e a garda civil realizou diversas cargas e detencións ata conseguir finalmente a ocupación definitiva dos terreos por parte de Fenosa.[31][32]

A partir dese momento, a maioría dos veciños abandonaron as súas vivendas, ben pola venda ou polos efectos no solo e ambiente da proximidade da mina.[33] Paralelamente tamén se trasladou a igrexa, antigo núcleo da parroquia.[34]

Anos finais editar

A mina foi pechada a finais de 2007, trinta anos despois do conflito, debido ao remate da licenza e indicios de esgotamento do lignito. Non obstante, a central térmica, construída ao seu carón na parroquia da Lousa, permaneceu activa con carbón de importación.[12][4] Ese ano publicouse un estudo da Xunta que alertaba do risco para a saúde das partículas emitidas pola central, o que motivou novas protestas veciñais.[35][36] Finalmente, a planta foi pechada en 2020 para cumprir coa directiva europea de emisións.[37]

En 2007 estreouse a documental As Encrobas: a ceo aberto, dirixido por Xosé Bocixa Rei.[38]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Herrero Pérez, Nieves (2011). "As mulleres das Encrobas. Álbum de mulleres". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2023-12-28. 
  2. 2,0 2,1 Evans Pim, Joám (2021). "“Galiza is (not) a mine”: rural responses to pro-extractivist policies". Araucaria. ISSN 2340-2199. doi:10.12795/araucaria.2021.i48.20. 
  3. Mariño, Henrique (2017-02-17). "As Encrobas: cuando la guardia civil cargaba con mosquetón contra las mujeres gallegas". Público. Consultado o 2023-12-28. 
  4. 4,0 4,1 "Treinta años desde As Encrobas". El Correo Gallego (en castelán). 2007-02-15. Consultado o 2023-12-28. 
  5. López Vigo, Pablo (2020-06-30). "Descarbonización, un lago artificial y un cura rojo: adiós a 40 años de actividad en Meirama". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2023-12-28. 
  6. Herrero Pérez, Nieves (2008). "El conflicto de As Encrobas (1976-1979). La prensa gallega y la representación de la identidad campesina" (PDF). IC Revista Científica de Información y Comunicación (5). ISSN 1696-2508. Consultado o 2023-12-28. 
  7. Mariño, Henrique (2017-02-17). "As Encrobas: cuando la guardia civil cargaba con mosquetón contra las mujeres gallegas". Público. Consultado o 2023-12-28. 
  8. Conde Muruais, Perfecto (1977-09-29). "Renace el conflicto de As Encrobas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-28. 
  9. Conde Muruais, Perfecto (1977-02-20). "Masiva protesta en Galicia por las expropiaciones de As Encrobas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-28. 
  10. Lanero Táboas, Daniel (2013). "Comunidad rural, conflicto socioambiental y organizaciones políticas en la Galicia de la transición. El caso de “As Encrobas”, 1976 - 1977". Historia Ambiental Latinoamericana y Caribeña (HALAC) revista de la Solcha (en castelán) 2 (2): 160–196. ISSN 2237-2717. 
  11. Herrero Pérez, Nieves (2011). "As mulleres das Encrobas. Álbum de mulleres". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2023-12-28. 
  12. 12,0 12,1 Taladrid, Alba (20 de febreiro de 2007). "As Encrobas, treinta años después" (PDF). El Correo Gallego (Consello da Cultura Galega). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  13. 13,0 13,1 Taladrid, Alba (20 de febreiro de 2007). "As Encrobas, treinta años después" (PDF). El Correo Gallego (Consello da Cultura Galega). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  14. Herrero Pérez, Nieves (2011). "As mulleres das Encrobas. Álbum de mulleres". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2023-12-28. 
  15. Mariño, Henrique (2017-02-17). "As Encrobas: cuando la guardia civil cargaba con mosquetón contra las mujeres gallegas". Público. Consultado o 2023-12-28. 
  16. Herrero Pérez, Nieves (2008). "El conflicto de As Encrobas (1976-1979). La prensa gallega y la representación de la identidad campesina" (PDF). IC Revista Científica de Información y Comunicación (5). ISSN 1696-2508. Consultado o 2023-12-28. 
  17. "Treinta años desde As Encrobas". El Correo Gallego (en castelán). 2007-02-15. Consultado o 2023-12-28. 
  18. Herrero Pérez, Nieves (2011). "As mulleres das Encrobas. Álbum de mulleres". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2023-12-28. 
  19. Lázaro Lázaro, Félix (1977-02-22). "As Encrobas: volvió la calma - Archivo Linz de la Transición española | Fundación Juan March". Diario 16. Fundación March. Consultado o 2023-12-28. 
  20. Mariño, Henrique (2017-02-17). "As Encrobas: cuando la guardia civil cargaba con mosquetón contra las mujeres gallegas". Público. Consultado o 2023-12-28. 
  21. Herrero Pérez, Nieves (2008). "El conflicto de As Encrobas (1976-1979). La prensa gallega y la representación de la identidad campesina" (PDF). IC Revista Científica de Información y Comunicación (5). ISSN 1696-2508. Consultado o 2023-12-28. 
  22. Mariño, Henrique (2017-02-17). "As Encrobas: cuando la guardia civil cargaba con mosquetón contra las mujeres gallegas". Público. Consultado o 2023-12-28. 
  23. Conde Muruais, Perfecto (1977-09-29). "Renace el conflicto de As Encrobas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-28. 
  24. Conde Muruais, Perfecto (1977-02-20). "Masiva protesta en Galicia por las expropiaciones de As Encrobas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-28. 
  25. Rabade Villar, Maria do Cebreiro (2010-10-19). "The Concept of Resistance in Contemporary Galician Culture: Towards a Poetic Ecology". Cosmos and History: The Journal of Natural and Social Philosophy (en inglés) 6 (2): 82–92. ISSN 1832-9101. 
  26. Herrero Pérez, Nieves (2011). "As mulleres das Encrobas. Álbum de mulleres". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2023-12-28. 
  27. Conde Muruais, Perfecto (1977-09-29). "Renace el conflicto de As Encrobas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-28. 
  28. Taladrid, Alba (20 de febreiro de 2007). "As Encrobas, treinta años después" (PDF). El Correo Gallego (Consello da Cultura Galega). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  29. Rivas, M. (16-23 de decembro 1976). "Que verde era o noso val" (PDF). Teima (1) (Consello da Cultura Galega). Consultado o 2023-12-28. 
  30. Conde Muruais, Perfecto (1977-09-29). "Renace el conflicto de As Encrobas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-28. 
  31. Taladrid, Alba (20 de febreiro de 2007). "As Encrobas, treinta años después" (PDF). El Correo Gallego (Consello da Cultura Galega). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  32. Rivas, M. (24 de febreiro a 3 marzo 1977). "O asalto das Encrobas" (PDF). Teima (11) (Consello da Cultura Galega). pp. 17–19. Consultado o 2023-12-28. 
  33. "Treinta años desde As Encrobas". El Correo Gallego (en castelán). 2007-02-15. Consultado o 2023-12-28. 
  34. Prego, Pilar (2007-02-17). "La historia al descubierto". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-12-28. 
  35. Pereiro, Xosé Manuel (2007-02-07). "Otra vez As Encrobas". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-12-28. 
  36. "Vieiros: Galiza Hoxe - Anuncian accións penais contra Fenosa por contaminar terras en Cerceda". Vieiros. 2020-09-27. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 2023-12-28. 
  37. López Vigo, Pablo (2020-06-30). "Descarbonización, un lago artificial y un cura rojo: adiós a 40 años de actividad en Meirama". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2023-12-28. 
  38. Rozados Lorenzo, Lara (2007-11-02). "Bocixa: 'O conflito das Encrobas ou foi mitificado ou esquecido"". Vieiros. Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2007. Consultado o 2023-12-28. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar